Esta actuación mellorará a intersección de acceso a Sequeiros, na PO-331, que se atopa situada no punto quilométrico 3+500 da estrada que comunica Torneiros e Gondomar
Estes traballos incrementan a seguridade viaria nesta estrada, ao definir carrís que faciliten aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito máis ordenado
Santiago, 31 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou por máis de 268.000 euros as obras de mellora da denominada curva da Costa da Morte, na estrada O Porriño-Gondomar (PO-331), no concello pontevedrés de Mos.
A empresa Covsa executará esta actuación co obxecto de mellorar a seguridade nos movementos nesta zona.
Actualmente o acceso ao núcleo de Sequeiros dende a PO-331 presenta unha reducida visibilidade, tanto para os xiros de saída da citada estrada cara á vía local pola que se accede a esta localidade, coma na incorporación…
Ver la entrada original 181 palabras más