Convicción, fricción, succión, adicción

Avatar de @cequelinhosDúbidas do galego

En galego, como norma xeral, debemos escribir os grupos cultos -cc- e -ct- completos en palabras que leven diante as vogais a, e ou o: obxecto, acción, aspecto, afección. E suprimir un c do grupo cando usemos palabras con vogais débiles (i e u): frutificar, dicionario, ditadura, Vítor, redución, reprodución…

Mais en determinados casos, conservamos as dúas consoantes con vogais débiles. Por que? Trátase de palabras que pertencen a linguaxes moi especializadas, cultismos con pouca historia no noso idioma ou casos específicos onde manter o grupo culto evita confusións entre diferentes termos.

Para ilustrar o último dos casos, empregaremos as palabras adicción e adición. Unha adición é  a acción de engadirlle unha cousa a outra. Unha adicción é a inclinación moi forte a algún hábito coa conseguinte dependencia física ou psicolóxica. A diferenza (dunha letra) entre ambas palabras xa vén do latín (additio fronte a addictio). É o mesmo caso…

Ver la entrada original 96 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?