Vigo, 09 de outubro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecta pero non comparte a decisión xudicial que invalida as sancións impostas contra os directores de colexios de Vigo que cobraban sobresoldos procedentes das cotas de comedor que pagaban os pais. Así o sinalou hoxe a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, quen dixo que “estamos nun estado democrático de dereito” e a sentenza “a aceptamos coma non podía ser doutra maneira”. Sen embargo, os servizos xurídicos do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez están a estudar outras vías xurídicas que aínda se poden formular.
Acerca do contido da sentenza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere chamar a atención sobre o feito de que o fallo xudicial recoñece, porén, que os directores sancionados recibían diñeiro “por encima de lo establecido por el ordenamiento jurídico”, e que “en lugar…
Ver la entrada original 229 palabras más