O anuncio do Ministro Montoro de que no consello de ministros deste venres se vai aprobar a devolución do 25% da paga extraordinaria furtada en decembro de 2012 demostra que a hipocrisía dos nosos gobernantes non ten límite.
O goberno, que non se atreveu a volver á exitosa campaña do pasado «España vai ben», confórmase con facer un simulacro desta titulado «España mellora»; e sobre a base desa suposta mellora da economía anuncia a bombo e prato que por fin vai devolver parte desa paga extraordinaria que polo visto serviu no seu día para evitar o rescate e quebra desta España nosa.
Curiosamente, ao analizar a noticia, encontrámonos con que a devolución que formula o ministro se cuantifica nun 25% desa paga extraordinaria, que traducido a días equivale a uns 45 días de salario. Pero se a min esa cifra me soa de algo… Ahhh!, resulta que os centos de sentenzas gañadas polos…
Ver la entrada original 783 palabras más