As/os traballadoras/es de Agasfra concentraranse este xoves diante da Consellería de Traballo para exixir a paralización do proceso que deixaría en mans dunha empresa privada o servizo que esta asociación sen ánimo de lucro viña prestando no seu centro de Coia en Vigo e que suporía a desaparición de máis de 20 postos de traballo.
A Consellería de Traballo sacou por sorpresa o día 8 de agosto a concurso público un servizo que ate o momento viña prestando Agasfra a 74 usuarios membros desta Asociación. Este feito ven a demostrar a intención da Consellería de deixar en mans de empresas privadas os servizos de atención á discapacidade que viñan prestando asociacións de pais/nais sen ánimo de lucro continuando así ca política do PP de privatización dos servizos sociais.
Logo da progresiva privatización da sanidade e do ensino agora van polo sector da atención á discapacidade que move cada ano na…
Ver la entrada original 141 palabras más