A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá a iniciativa, que combina a enogastronomía galega co turismo rural
Por primeira vez, este ano se celebra o programa “Este ano, cociña connosco”
A promoción ten por obxectivo dinamizar e favorecer a desestacionalización deste segmento durante os meses de outono
O Outono Gastronómico en Turismo Rural comezou este fin de semana e rematará o vindeiro 14 de decembro
Vigo, 15 de setembro de 2014.- Xa deu comezo a 8ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, iniciativa promovida por Turismo de Galicia, e que agrupa a un total de 106 casas de turismo rural de toda Galicia co obxectivo de dinamizar o turismo no eido rural, promocionar e promover a gastronomía galega, desenvolver a oferta complementaria neste segmento e favorecer a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite gozar…
Ver la entrada original 596 palabras más