El curso comienza con total normalidad en las cuatro provincias gallegas para más de 200.000 estudiantes

COMIENZO CURSO GALICIA

El curso comienza con total normalidad en las cuatro provincias gallegas para más de 200.000 estudiantes de ESO, Bachillerato, FP y de enseñanzas de régimen especial

  • La Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria no registró ningún incidente en los centros educativos

Santiago, 15 de septiembre de 2014.- Más de 200.000 estudiantes de educación secundaria obligatoria (ESO), bachillerato, formación profesional y enseñanzas de régimen especial (enseñanzas para adultos, artísticas y deportivas) comenzaron hoy las clases con total normalidad en las 4 provincias gallegas, según los datos recopilados por la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria. Conviene recordar que en casos como la FP todavía es posible inscribirse en algunos ciclos, por lo que la matriculación aún se puede incrementar nos próximos días con nuevas incorporaciones a los centros.

Con el inicio de clases de hoy se cierra el calendario de apertura de los centros educativos del curso 2014/2015 que arrancó también en infantil, primaria y educación especial prácticamente sin ningún incidente, lo que es necesario agradecer a la profesionalidad de los docentes y miembros de la comunidad escolar implicados en la puesta en marcha de los centros educativos.

INICIAN O CURSO SEN INCIDENCIAS PRETO DE 12.500 ALUMNOS DE
SECUNDARIA E BACHARELATO NA PROVINCIA DE LUGO

  • A delegada territorial, Raquel Arias, destaca que a normalidade foi tamén a tónica no inicio dos ciclos de Formación Profesional e das outras especialidades como música ou deporte

Lugo, 15 de setembro de 2014.- Os centros de ensino da provincia de Lugo abriron hoxe sen incidencias as súas portas para acoller aos máis de 12.500 alumnos de Secundaria e Bacharelato que iniciaron hoxe o curso académico.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou a total normalidade no inicio do curso tanto en Bacharelato como nos ciclos de Formación Profesional ou nas outras ensinanzas regradas, como música ou deporte.
Así, a xornada supuxo á volta ás aulas de 9.340 alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria. Deste volume total, o 77,50% cursa estudos en centros públicos da provincia lucense.
No Bacharelato ordinario están matriculados 3.202 alumnas e alumnos lucenses, unha cifra que representa un descenso de menos do un por cento con relación ao ano pasado. Neste caso, máis do 92% están matriculados en centros públicos.
Hoxe deron comezo, tamén con normalidade, as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión.
Igualmente, ábrese o curso nas ensinanzas regradas de música, con 2.325 persoas matriculadas en Lugo, ou nas escolas deportivas, con 27 matriculados na provincia, entre outras especialidades.

No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que as cursarán no curso 2014/2015 un total de 1.636 persoas na provincia de Lugo. Delas, 194 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 637 nas de Educación Secundaria para adultos, 217 nas de bacharelato presencial e 588 nas de Bacharelato semipresencial.

Neste sentido, o maior número de alumnos corresponde á cidade de Lugo, onde hoxe empezaron as clases 1.440 alumnos en Bacharelato, aos que cómpre engadir as 512 persoas que comezan o exercicio no Bacharelato en réxime de adultos. Por outra banda, en Secundaria Obrigatoria, 3.475 alumnos iniciaron o curso no municipio lucense, aos
que hai que sumar as 279 que a principian no réxime de adultos.

O NOVO CURSO PARA OS PRETO DE 57.000 ESTUDANTES DE ESO, BACHARELATO E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA COMEZOU HOXE CON TOTAL NORMALIDADE

Os alumnos e alumnas de FP tamén iniciaron hoxe as súas clases, se ben a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aínda mantén aberto o período de matriculación

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou esta mañá o Centro Público Integrado Castro de Baxoi, de Miño, onde comprobou a ausencia de incidencias

Miño, 15 de setembro de 2014.- Preto de 57.000 estudantes da provincia da Coruña comezaron hoxe con total normalidade as súas clases na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ensinanzas en Réxime Especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O curso tamén arrancou para os alumnos e alumnas de Formación Profesional (FP), se ben o departamento educativo aínda está a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en próximas datas.
Da ausencia de incidencias neste primeiro día de clase dou conta a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, nunha visita ao Centro Público Integrado (CPI) Castro de Baxoi, no municipio de Miño, onde estivo acompañada polo alcalde, Jesús Veiga, e polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana. Alí, Do Campo aproveitou
para comprometer a creación dun novo salón de usos múltiples ao longo deste curso.
ESO
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 36.246 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Centros públicos Centros privados concertados Centros privados non
concertados
A Coruña 26.210 alumnos 9.299 alumnos 737 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu en 50 alumnos respecto ao curso anterior:
2013/2014 2014/2015
A Coruña 1.345 alumnos 1.295 alumnos

Bacharelato ordinario
Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 12.631 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario na provincia.
Centros públicos Centros privados non concertados
A Coruña 10.256 alumnos 2.375 alumnos
No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é de 9 alumnos menos:
2013/2014 2014/2015
A Coruña 219 alumnos 210 alumnos
Ensinanzas de réxime especial
No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia o dato de alumnado é de 7.998.
A distribución por ensinanzas no curso 14/15 é a seguinte:
A Coruña
Ensinanzas básicas nivel I 218 alumnos
Ensinanzas básicas nivel II 264 alumnos
Ed. Secundaria adultos niveis I e II 2.737 alumnos
Bacharelato presencial 1.268 alumnos
Bacharelato semipresencial/distancia 3.511 alumnos

Pola súa banda, o alumnado en ensinanzas regradas de música é de 3.465:
A Coruña
Conservatorios de música 2.996 alumnos
Centros autorizados de música 469 alumnos
En toda Galicia, no caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 366, 4 máis ca no curso 13/14; mentres que nas de arte dramática haberá 165 alumnas e alumnos, 6 máis ca no ano académico anterior. Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 3,7% ata chegar aos 1.670 estudantes. Nesta categoría inclúense as ensinanzas superiores de deseño, os ciclos formativos de artes plásticas e deseño e os estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais. Un incremento similar, do 3,2%, é o rexistrado nas ensinanzas deportivas, que acadan os 451 alumnas e alumnos.

Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:
A Coruña
Educa. Primaria e
Secundaria (1)
26
C. de ESO 0
C. de ESO e ensinanzas
postobrigatorias
3
C. de ensinanzas
postobrigatorias
25
C. de primaria, ESO
e ensinanzas
postobrigatorias (1)
32
C. de adultos (2) 1

(1) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos
Ademais, un total de 125 centros públicos e 70 privados imparten en Galicia ensinanzas artísticas, e ensinanzas deportivas.

Obras de mellora
O curso que hoxe comeza, correspóndese co ano no que realizaron obras de mellora en numerosos centros educativos da Coruña. Cabe destacar tamén a licitación do novo IES de Culleredo e do IES de Carral, que servirán para dar resposta ás demandas educativas destes municipios.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s