Esta cifra supón un incremento do 2,63% con respecto ao mesmo período do ano anterior
Agás en Pontevedra, este aumento dos accidentes laborais deuse en todas as provincias
Santiago, 29 de xuño de 2014.- Galicia rexistrou un total de 9.466 accidentes laborais nos cinco primeiros meses do ano, fronte aos 9.223 no mesmo período do ano 2013, isto supón un incremento do 2,63% neste período.
Agás en Pontevedra, este aumento dos accidentes laborais deuse en todas as provincias. Aumentaron os accidentes na Coruña, nunha porcentaxe do 4,89%; en Lugo, nun 1,36%; e en Ourense, nun 5,57%. Os accidentes diminuíron en Pontevedra nun 0,95%.
Pola súa banda, o total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en maio aumentou un 14,55%. Neste mes rexistráronse 1.992 accidentes fronte aos 1.739 rexistrados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes, 1.949 foron leves, 34 graves e 9 mortais…
Ver la entrada original 110 palabras más
