A Deputación achega 600.000 euros ó Plan de Roza, impulsando o emprego de 20 autónomos e Pemes lucenses

Avatar de empregoviveiroEmprego Viveiro

– A institución arranca esta programación a vindeira semana nos Concellos da Costa para progresivamente levala ós restantes municipios ata actuar nos 67 da provincia
– Martínez remarcou que “como nas anteriores edicións, poñemos en marcha este Plan agora, posto que realizalo antes obrigaríanos a ter que rozar dúas veces, duplicando custes”
– 70 operarios e 50 máquinas ocuparanse da roza, reforzando os dispositivos do Parque Móbil e da Conservación que atenden a rede viaria provincial máis extensa de España

A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres os derradeiros trámites legais e imprescindibles (os plans de seguridade e saúde no traballo) para poder iniciar o Plan de Roza na rede viaria provincial máis extensa de España con máis de 4.200 quilómetros. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que “achegamos á roza das estradas provinciais dos 67 Concellos lucenses un total de 600.000 euros. 20 autónomos e pequenas empresas…

Ver la entrada original 346 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?