1.- Obxecto, ámbito de aplicación e vixencia
A presente convocatoria ten por obxecto a confección dunha bolsa de emprego coa finalidade de facilitar ás empresas que prestan servizos durante a celebración do Festival do Mundo Celta 2014 a cobertura transitoria de determinadas necesidades de persoal.
A base de datos poderá ser proporcionada ás citadas empresas cando realicen ofertas e requiran algún dos perfís profesionais contemplados neste proceso.
A bolsa de traballo resultante deste procedemento anulará as existentes con anterioridade e terá validez ata a entrada en vigor dunha nova bolsa ou unha modificación da que resulte deste proceso.
2.- Procedemento
A presente bolsa será promovida polo Concello de Ortigueira e estará dirixida a persoas desempregadas interesadas en traballar durante o certame de música celta 2014, nalgunha das empresas que realice actividades para a organización.
O Concello de Ortigueira tramitará a inscrición e, en virtude do previsto no Regulamento municipal de…
Ver la entrada original 370 palabras más