– Por 1ª vez, un organismo provincial ofrece ós gandeiros e agricultores de Galicia axudas para recuperar terras abandonas co fin de aumentar a base territorial das explotacións
– A programación tamén inclúe subvencións para redes de abastecemento ou infraestruturas no rural para mellorar a calidade de vida da xente do campo e facilitarlles o seu traballo
– Aprobados os 4 únicos cursos para desempregados da Consellería de Traballo, logo de que a Xunta denegase o 50% das accións formativas solicitadas. Nos últimos 3 anos, o Goberno galego denegou o 80% dos obradoiros para lucenses no paro
A Xunta de Goberno este venres aprobou as bases da nova programación da Deputación en impulso do sector primario e do rural, dotada de 1,7 millóns de euros. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que entre o luns e o martes publicaranse no Boletín Oficial da Provincia para, seguidamente, abrir o prazo…
Ver la entrada original 627 palabras más