OS BUCHES, UNHA MÁSCARA “GALEGA” NO CARNAVAL DE LANZAROTE?

Avatar de asombradebouzapandaÁ Sombra de Bouza Panda

É de sobra coñecido o carnaval de Tenerife, que cos seus desfiles e traxes de fantasía pouco ten que ver co noso Entroido tradicional galego, onde o simbólico non sucumbiu á forza da estética. Pero nas Illas Canarias existen outros carnavais  menos coñecidos. Unhas festas onde saen algunhas peculiares personaxes que semellan sacadas do Entroido galego e, quen sabe, se non é así certamente.

201005181456586Os Diabletes de Teguise (Fonte: http://www.teguise.es)

Hai uns meses tiven a oportunidade de visitar a marabillosa illa de Lanzarote cuxa paisaxe, dito sexa de paso, é unha das paisaxes máis espectaculares e telúricas de cantas podemos atopar no continente europeo. A parte de gozar da volcánica xeografía lanzaroteña e de coñecer in situ algúns dos xacementos arqueolóxicos máis interesantes do arquipélago canario tiven a sorte de toparme coa personaxe enmascarada da que lles vou falar hoxe Domingo Gordo de Entroido. Refírome aos Buches.

DSC_2638Museo Etnográfico Tanit

Ver la entrada original 1.108 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?