Add your thoughts here… (optional)
Hoxe é un día de felicidade para min. Despois de oito anos de traballo por fin ve a luz o meu último libro «Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega». Atrás fican infinitas horas de investigación, ducias de entrevistas e viaxes por todo o país na procura dos misteriosos alicornios. Quedan tamén atrás as peripecias editoriais e máis dunha promesa incumplida. Remata o libro pero non a miña particular aventura de afondar nos misterios do obxecto de poder, ó meu entender, maís fabuloso da tradición galega. Quero dar publicamente o meu agradecemento a todos aqueles que me axudaron neste traballo, aparecedes debidamente citados no libro. Grazas primeiramente ós meus informantes -auténticos valedores deste tesouro etnográfico-, a aqueles que me facilitaron o acceso a eles apadriñándome nas miñas pesquisas en terras das que non era veciño, ós que me cederon imaxes, ós meus queridos amigos Paco…
Ver la entrada original 199 palabras más
