Las cosas se ponen calientes en los recortes a funcionarios de la USC

Nota de prensa da sección sindical da CIG na Universidade de Santiago referente ao abandono da mesa xeral sindical convocada para tratar da aplicación dos recortes retributivos ao PAS e ao PDI funcionario e laboral da USC.

 RECORTES IRREVERSIBLES

 Unha vez transcorridas tres xuntanzas e media da mesa xeral sindical convocada para tratar da aplicación dos recortes retributivos ao PAS e ao PDI funcionario e laboral da USC, a CIG acordou dar por rematada a súa participación na mesma polos seguintes motivos:

A mesa non respostou ás aspiracións e expectativas que depositaramos nela.

O goberno da USC e a súa xerencia asumiron desde o inicio a inevitabilidade dos recortes, máis aló dunha inoperante declaración cara a galería de estar en desacordo con eles. En ningún momento se propuxeron esixir garantías de recuperación do financiamento perdido, nin sequera para o suposto no que a propia USC se vise obrigada a restituír os recortes, ou parte deles, por sentenza xudicial.

Tampouco están dispostos a esgotar as vías xurídicas e políticas para demandar o cumprimento do plan de financiamento, feito que está conducindo, paulatina, sistemática e inexorablemente, á creba da USC como institución economicamente viable e capaz de cumprir coas obrigas e os obxectivos que lle corresponden no seo da sociedade galega.

Unha vez dados por asumidos os recortes, pasaron a deixar claro que pensaban aplicalos seguindo ao pé da letra os criterios establecidos pola Xunta de Galicia, co agravante de que, en todo caso, como puidemos comprobar máis adiante, só estarían dispostos a saírse dos mesmos para realizar as lecturas máis negativas posibles en relación cos intereses dos e das traballadoras, por exemplo, realizando lecturas claramente contrarias á literalidade do informe da Xunta de Galicia, como no caso de restrinxir o concepto de antigüidade aos trienios, prexudicando con isto a todo o persoal que cobre parte da súa antigüidade por medio de complementos distintos dos trienios, ou ben, mantendo a seguridade social pagada polo traballador dentro do importe íntegro anual das retribucións que se vai a utilizar para calcular o recorte, cando o propio informe da xunta establece que se debe descontar de dito importe, con argumentos incomprensibles e polo tanto irreproducibles, pero que se poden resumir en “por que lles peta a eles”.

Tampouco están dispostos a asumir compromisos coa recuperación das pagas recortadas e o poder adquisitivo perdido desde 2010.

Polo tanto a mesa xeral non ten marxe de acordo ningún, e sen marxe para o acordo é imposible falar de negociacións, nin para impedir os recortes nin para minorar os efectos da súa aplicación, converténdose por tanto nun simple paripé tras o que o goberno e a xerencia da USC (o señor Reitor xa o fixo onte nos medios) pretende parapetarse e intentar lexitimar unha actuación tomada de xeito unilateral, nunca negociada como tal, e da cal son os únicos impulsores e os únicos responsables.

Así mesmo, ao tempo que facemos pública esta decisión, trasladamos aos demais sindicatos a proposta de acordar nos órganos de representación a convocatoria de asembleas de traballador@s para informar polo miúdo destes feitos, respostar ás dúbidas e debater/acordar a resposta democrática e colectiva que se estime oportuna.

 5 de xuño de 2013

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s