La televisión que esconde fotos de Feijóo

UNA RELACIÓN COMPLICADA

Burdo e vergoñento tratamento na TVG da relación Feijóo – Marcial Dorado

jueves, 30 mayo 2013,

Partido Dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obreiro Español (Psdeg-Psoe)

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de CRTVG do Parlamento de Galicia, María Quintas, denunciou  que a TVG “agocha” as imaxes de Feijóo co seu amigo narcotraficante Marcial Dorado. Quintas presentou unha pregunta oral na Comisión de Control da RTVG pola “descarada manipulación informativa” con relación a este asunto, que cualificou de “intolerable nun sistema democrático”.

A responsable socialista advertiu que o ente público realiza “manipulación informativa, ausencia de veracidade e conculcación dos dereitos dos cidadáns a ter unha información veraz nunha canle que se sostén con diñeiro público”. Denunciou que o goberno galego está a amparar “unha televisión de partido e partidaria, ao servizo do PP, que funciona como correa de transmisión do PPdeG”.

Quintas denunciou que a canle pública agochou deliberadamente as imaxes publicadas polo diario El País e replicadas por tódolos medios de comunicación de Galicia, estatais e mesmo internacionais, nas que aparecía xunto co seu amigo narcotraficante. A responsable socialista sinala que a manipulación chegou ao punto de que a revista de prensa do primeiro informativo do día obviou o diario que presentaba as imaxes, o mesmo día da súa publicación.

Pero sobre todo, preguntoulle ademais ao director xeral da CRTVG polos motivos para que a canle pública non retransmitira en directo o Pleno da comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da súa relación co coñecido narcotraficante. Advertiu que mentres a TVG non ofrecía esta comparecencia, a web da canle pública si que ofrecía as adxudicacións que supostamente lle concedera o goberno bipartito.

Considerou inaudito, pero tamén un exemplo vergoñento de manipulación, que o mesmo día no que máis medios había acreditados no Parlamento para seguir a comparecencia de Feijoo (galegos, nacionais e ata algún internacional), “para a TVG ese pleno non merecera unha retransmisión en directo”.

Si informou no  informativo do medio día, pero con tempo xa suficiente para “manipular burdamente a información agochando opinións, seleccionando imaxes negativas e construíndo mensaxes distorsionadas dunha realidade evidente”. Ademais, o seu traballo como gabinete de comunicación da Xunta queda patenten coa “presenza omnipresente” de Feijóo, que “sempre pecha a noticia, veña ou non ao caso”, e que “ten asignado o papel de oposición e de goberno segundo conveña”.

Coacción e censura

Engadiu que mentres os seus profesionais son “coaccionados e censurados”, como ven de denunciar o Comité de Empresa, os informativos relegan as informacións negativas para o PP “a un segundo ou decimo carto plano, segundo conveña”. Puntualizou neste sentido o distinto tratamento dos casos de corrupción “dependendo de si afecta ao PP ou non”.

Explicou así que os pagos que recibiron altos cargos do PP relacionados co Caso Bárcenas, a conexión do PPdeG co financiamento ilegal do PP, a vinculación do presidente da Xunta co Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PPdeG na cadea polo Caso Gürtel, a súa amizade co señor Rueda, ou posto que ocupaba en Portos de Galicia sendo Feijóo vicepresidente e conselleiro responsable desta entidade.

Engadiu o tratamento parcial e mesmo agochamento da amizade de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado, as adxudicacións ás súas empresas sendo Feijóo secretario xeral de Sanidade ou vicepresidente da Xunta presidida por Manuel Fraga.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s