Add your thoughts here… (optional)
O pasado sábado 25 de maio organizamos un novo roteiro do Espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños. Neste ocasión tiven o pracer de guia-lo membros do grupo de sendeirismo do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, que amosaron os seu interese por coñece-lo patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico que atesoura este valioso espazo dos montes do Morrazo. No roteiro acompañáronme tamén o comnpañeiro da SAGA João Bieites e Fran, colega da Comisión Técnica para a creación do Espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños.
No cruzamento dos Sete Camiños
No nacemento da Fonte da Prata
Nos petróglifos do Outeiro das Mouras
Camiño do miradoiro do Monte Pornedo






