O Torneo Internacional “Vila de Ribadeo” afiánzase coma un referente do fútbol veterano

Avatar de FabiánCavilaciones Varias

VeteranosAno tras ano, e xa van oito, a Asociación Deportiva Veteranos do Ribadeo FC organiza o Torneo Internacional “Vila de Ribadeo”. O evento reúne a 39 equipos de fútbol veterano (con xogadores de máis de 35 anos) do panorama nacional e internacional, durante os días 25 e 26 de maio en Ribadeo.

Entre os participantes que o Vila de Ribadeo presenta nesta edición, podemos destacar a presenza de sete equipos portugueses, xunto cos grandes nomes do fútbol veterano do terzo norte peninsular. A celebración deste torneo, involucrará preto de 900 futbolistas que se darán cita na derradeira fin de semana de maio na localidade mariñá de Ribadeo.

“Este é o torneo de fútbol veterano modesto máis numeroso de España”, asegura Víctor Manuel Pérez, o seu organizador. Seguindo este formato (liguilla máis eliminatorias) o tamén secretario da Asociación Deportiva Veteranos do Ribadeo FC declara que “podemos dicir que é o…

Ver la entrada original 156 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?