Add your thoughts here… (optional)
Galego:
Fernando leva vantaxe nisto de poñerse á dirección de Simón Vázquez. O lobo malísimo da curtametraxe “Caperucita” volve esta vez como Brais, o mozo da protagonista, que terá un papel fundamental na trama do filme. Licenciado en Arte Dramático, actualmente está realizando un Máster en Artes Escénicas pola Universidad de Vigo. Complementou a súa formación grazas a numerosos cursos, de esgrima, de mimo, de dirección, de voz, de Clown… Nos últimos anos, traballou no musical de Filmanova “Galicia Caníbal”, que tivo un gran éxito tanto en Galicia como nas súas representacións en Madrid, e en “El hombre almohada”, co grupo Ilmaquinario Teatro. Ten tamén unha longa traxectoria no sector audiovisual, entre a que destaca o seu personaxe protagonista na curtametraxe “Careta de Magdalena Santos Filipova”. A súa cara aniñada e rizos perfectos dotarán ao filme da parte máis tenra.
Español:
Fernando lleva ventaja en esto de ponerse a la…
Ver la entrada original 142 palabras más