Europa reprende a España porque sus fuerzas del orden siguen usando la tortura

NOTA DA COORDINADORA PARA A PREVENCIÓN E DENUNCIA DA TORTURA

O Comité Europeo para a Prevención da Tortura (CPT) fixo públicos dous relatorios sobre a situación da tortura e os malos tratos no Reino de España días antes da gran mobilización contra a Tortura que terá lugar en Barcelona o próximo dia 4. Antes, a Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura presentará o seu relatorio anual referido a 2012.

El Comité Europeo para la Prevención de la Tortura ha enviado al Gobierno español un informe de más de 100 páginas, en el que reprende a las autoridades españolas por no investigar las denuncias por malos tratos e insta a encargar “una investigación independiente sobre los métodos utilizados por la Guardia Civil cuando custodien e interroguen a personas arrestadas”.

O Comité Europeo para a Prevención da Tortura do Consello de Europa fixo público dous relatorios elaborados a raiz das visitas que realizou ao Reino de España os anos 2011 e 2012. En ambos se avalia o grao de cumprimento das obrigacións contraidas polo estado español en materia de Dereitos Humanos, nomeadamente, o que á prevención da tortura ou penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes se refere.

Nos dous relatorios o Comité da ONU critica duramente o Reino de España por falta de mecanismos efectivos de prevención de situacións de malos tratos. O organismo de prevención salienta que nas visitas realizadas polos membros do Comité a Centros Penais, Comisarías, Centros de Menores e de Internamento de Estranxeiros recolleron un elevado número de alegacións de casos de malos tratos e expresa o profundo déficit das administración no que di respecto á investigación efectiva deste tipo de
denuncias.

Coincidindo coa inesperada publicación do relatório do CPT, a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura, plataforma que agrupa 47 organizacións que traballan na defensa dos Dereitos Humanos no Reino de España, convocou conxuntamente con outros entidades (até un total de 70) entre as que destacan a Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública, a Federación de Asociacións de Veciños de Barcelona, ou Human Rights Estado Español, unha Manifestación contra a Tortura, os Malos Tratos Institucionais e a Impunidade que arrancrá da Rambla do Raval o próximo 4 de Maio na cidade de Barcelona ás 17:30.

Antes, o 2 de maio ás 19:00, na Aula Magna da Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Barcelona, a Coordinadora participará no acto de presentación da convocatoria, en que intervirán xunto con representantes de diferentes organizacións de defensa dos Dereitos Humanos, Ada Colau, Esther Quintana e José Solis, ex-preso e denunciante de torturas despois do motín no penal de Quatre Camins.

Finalmente, a Coordinadora presentará en conferencia de prensa o seu Relatorio anual sobre casos de tortura, malos tratos e violencia institucional o dia 3 às 12:00 no Ilustre Col-legi d’ Advocats de Barcelona.

Ver aquí so relatorios do Comité Europeo para a Prevención da Tortura:
http://www.cpt.coe.int/documents/esp/2013-04-30-eng.htm

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s