La Consellería de Educación recorta más de un 9% en los gastos de funcionamiento de los centros de Secundaria

RECORTES SECUNDARIA

A consellaría de Educación recorta máis dun 9% a partida destinada ao gasto de funcionamento dos centros de ensino en Secundaria

No ano 2012, a partida destinada ao gasto de funcionamento destes centros foi de 31.108.000 de euros fronte aos 28.336.500 deste ano 2013. A este decrecemento do 9% respecto do ano 2012 habería que lle engadir o incremento dos prezos dos gastos que os centros teñen que facer fronte con esta partida, pois a calefacción, a luz, a auga, gastos de departamentos, material fusíbel, trasporte para actividades complementarias etc. tiveron unha suba importante en relación ao exercicio anterior.

A Consellaría con estes recortes persiste na súa cruzada contra o ensino público que impedirá o funcionamento normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar e , mesmamente, na calidade do ensino. Téñase en conta que este estrangulamento faise aínda máis grave porque no ano 2012 os centros xa padeceron outro importante recorte na partida destinada a gastos de funcionamento e que estes recortes reduciran as partidas de moitos centros en máis de 20.000 euros.

O PP non ten cancelas na súa política educativa de desmantelamento constante e de redución das necesidades dos centros públicos, mentres malgasta diñeiro público en satisfacer os seus postulados ideolóxicos, mediante o desvío de 240 millóns de euros ao ensino privado concertado, 3 millóns a centros que segregan alumnado por razón de xénero, 29 millóns para pagar profesorado de relixión, máis de 200.000 euros extra para os centros concertados, destinados a servizos que non teñen os centros públicos.

Cada día, a consellaría de Educación anuncia un novo recorte no ensino público. Despois da ampliación do copago nos comedores escolares, da redución do profesorado, da redución de orzamento para a consellaría de Educación, etc., agora, vén este recorte polo que moitos centros terán serias dificultades para o seu funcionamento diario. A CIG-Ensino exíxelle ao PP que analice a súa obsesión de desmantelar o ensino público porque isto supón, entre outras cousas, o incremento das desigualdades sociais e, polo tanto, que as consecuencias as paguen os oprimidos e os explotados.

Compostela, 15 de marzo de 2013

Secretaría de prensa da CIG-Ensino

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s