HUELGA GENERAL 14-N
Agás a de Monforte, que será á tarde, o resto terán lugar entre as 11:30 horas e as 12:30 horas
Once manifestacións convocadas na xornada de folga xeral do 14-N
Once manifestacións percorrerán as rúas das cidades e vilas galegas na xornada de folga xeral prevista para o vindeiro día 14 de novembro. Mobilizacións coas que se quere denunciar a pretensión do capital de precarizar aínda máis as condicións laborais e de vida de traballadoras e traballadores, reducindo até nun 25% os seus salarios, e exixir un cambio nas políticas económicas decretadas polo goberno. Políticas que están a provocar unha maior contracción da economía, a parálise dos sectores produtivos, a destrución de emprego, a demolición dos servizos públicos esenciais e a súa progresiva privatización.
Horarios e lugares de saída e remate das manifestacións
– Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.
– Pontevedra: ás 12:30 h, desde a Praza da Ferrería, até a Subdelegación do Goberno.
– Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella
– Ourense: ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.
– Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa até a Praza de Praterías.
– Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.
– A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.
– Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.
– Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello
– Riberia: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.
– Monforte: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación.
Compostela, 9 de novembro de 2012
Confederación Intersindical Galega