CIG advierte de que el SERGAS “será incapaz de cumplir los plazos máximos que garantiza para operaciones y consultas”

LEY SANITARIA

Advirte que o SERGAS será incapaz de cumprir os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas e que dará maior participación á privada

CIG-Saúde considera “unha desfeita” o anteproxecto de Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias presentado polo PP

CIG-Saúde denuncia que desde a Consellaría de Sanidade preténdese vender o anteproxecto de Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias como unha norma dirixida a facilitar ás persoas usuarias do  sistema sanitario unha maior calidade na prestación e un uso máis democrático do mesmo, cando “o que se esconde detrás é o fracaso das políticas sanitarias levadas a cabo nestes 4 anos” e está ateigado de “vaguidades e falsas verdades”, poñendo en cuestión o mantemento dunha sanidade “pública, gratuíta, universal e de calidade”.

Considera que a nova regulación consolida o PORH (Plan de Ordenación de Recursos Humanos) que só pretende eliminar emprego público e desregularizar a normativa vixente de dereitos e obrigas do persoal. “A taxa de reposición do 10%, de cada 10 prazas vacantes só se cubrirá 1, pon en risco a prestación sanitaria, facendo inviable o mantemento do servizo público”.

Advirte que co desmantelamento do servizo público pola falla de profesionais a Consellaría de Sanidade  será incapaz de cumprir os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas. Por iso, denuncia que o que se pretende é dar unha maior participación á sanidade privada, para “privatizala pola vía indirecta”.

Ante isto e xa que o goberno se define como defensor da sanidade pública, CIG-Saúde cuestiónase por que non inviste logo os orzamentos que vai destinar a pagar á sanidade privada á concertación dos prazos máximos de espera. Isto, alén de preguntarse con qué criterios, e que comisión técnico-científica, decidirá as prioridades das persoas doentes para recorrer á sanidade privada. “Se estes criterios se deixan en mans da sanidade privada, esta como empresa, atenderá patoloxías por orde de rendibilidade económica e haberá patoloxías que polo seu custe non serán atendidas nin na pública e menos na privada”, asegura.

CIG-Saúde denuncia que o anteproxecto tampouco explica como vai ser a libre elección de profesionais; se será ou non dentro do seu centro de Saúde, “porque se é fora deste, non se aclara como se vai garantir a prestación sanitaria domiciliaria”, asegura. Tampouco se explica  que pasará co número máximo de tarxetas sanitarias por profesional e se será ilimitado ou non. Nin sequera se aclara “se se está a falar de calidade e excelencia profesional ou só de cantidade”.

O anteproxecto tampouco contempla o que ocorrerá cos programas de Saúde ‘Da túa contorna’, nin como se vai materializar a libre elección de hospital. De feito, ante isto a CIG-Saúde pregúntase se non será que a Administración, a través desta fórmula, pretende seguir impulsando o desmantelamento dos hospitais comarcais e das súas áreas sanitarias.

A federación teme que, deste xeito, se provoque un distanciamento da sanidade da poboación e un “efecto disuasorio, rompendo a equidade e limitando a prestación sanitaria ás persoas con menos recursos sociais, ou ás que vivan  en zonas rurais”.

Fronte a isto, a CIG- Saúde propón a modificación do actual PORH, para convertelo nunha ferramenta útil que aliñe as necesidades das/os profesionais co sistema sanitario, dándolle participación real aos profesionais para deseñar os programas de necesidades dos servizos; que se elabore un orzamento real que dea resposta ás necesidades do sistema sanitario; que se revise e actualice o Plan Mellora de Atención Primaria; que os hospitais funcionen con xornada ordinaria en quenda de mañá e tarde; que se elimine a taxa de reposición e que se cubran todas as ausencias producidas nos últimos anos.

CIG-Saúde é consciente de que para que todo isto se poña en práctica, é precisa unha administración responsábel que poña en valor a sanidade pública e as/os seus profesionais; que se faga unha análise real das necesidades do sistema e se dote do orzamento necesario, para garantir unha sanidade pública xestionada con eficacia, na que se eliminen as/os xestores que teñen como único mérito do seu currículo o carné político.

Lembra que este anteproxecto, en definitiva, consolida as alegacións presentadas no seu día ao Plano de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS e afirma que “non é esa ferramenta útil que ía dar respostas a necesidades das/os traballadoras/es e as necesidades asistenciais”.

Compostela, 5 de novembro de 2012.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s