CIG denuncia el aumento de la precariedad laboral en Galicia

SIN PRESTACIONES

Un 42,1% das persoas desempregadas non cobran ningún tipo de prestación

O incremento dos contratos rexistrados, malia o descenso da ocupación, evidencian o aumento da precariedade en Galiza

 

En Galiza ha xa un total de 267.812 persoas desempregadas. A cifra ascende a 285.196, se se inclúen o total de demandantes de emprego non ocupados (DENOS) que, aínda sendo parados/as, están realizando, por exemplo, un curso de formación e, polo tanto, non se computan. A CIG considera que estes datos son alarmantes, máis tendo en conta que un 42,1% das persoas desempregadas non están cobrando ningunha prestación. O panorama é, para a central sindical, desolador e o perigo de exclusión social e pobreza de miles de galegas e galegos é cada vez maior.

 

O paro incrementouse no mes de outubro en Galiza en 8.439 persoas (3,25% máis), respecto do mes anterior e por riba da media estatal, onde o medre foi do 2,73%. Afectou a todos os sectores e a todas as provincias, aínda que o sector Servizos foi o máis castigado, cun incremento do 4,36%, fronte ao 3,39% de media estatal. En Construción aumentou nun 1%, mentres que na media estatal descendeu o 0,48% e en Industria medrou o 0,95%, por debaixo da media estatal, onde foi do 1,69%.

 

Malia estes datos seguir a tendencia estacional, o realmente preocupante é que respecto do mesmo mes do ano pasado, hai 25.670 desempregados/as máis, o que representa un medre do 10,60%.

 

Aumento da rotación na contratación

Xunto a isto, cómpre salientar o aumento de contratos rexistrados, un total de 69.540, un 14,08% máis que no mes de setembro. Ese aumento é aínda maior respecto do mesmo mes do ano pasado, acadando o 21,72%. Para a CIG é un dato especialmente grave, porque tendo en conta que diminuíu o número de persoas ocupadas, significa que se incrementou de forma moi relevante a rotación e, en consecuencia a precariedade laboral. De feito, só o 8,54% dos contratos realizados foron indefinidos, fronte o 91,5% temporais.

 

A isto hai que engadir que do total de persoas desempregadas só 150.374 cobran algún tipo de prestación, sexa esta contributiva, subsidio, renda de inserción activa ou subsidio de eventuais agrarios. De aí tírase que un 42,1% de persoas desempregadas en Galiza non perciben ningún ingreso, o que aboca a unha cada vez maior porcentaxe de poboación á pobreza e a exclusión social.

 

Para o secretario confederal de Emprego e Industria, Antonio López Rivera, esta situación pon de manifesto a “inutilidade” da reforma laboral para crear emprego, “moi ao contrario, o único que está a favorecer é o incremento constante do paro e a xerar unha alarmante precariedade laboral”.

 

Xunto a isto lembra que a CIG vén alertando, desde que comezou a crise, que “as políticas de austeridade, lonxe de reactivar a economía están a provocar a súa cada vez maior contracción, empeorando unha situación que é a esta altura crítica e aumentando de forma imparábel o desemprego, os índices de pobreza e de exclusión social”.

 

Confederación Intersindical Galega

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s