La cementera de COSMOS volverá a emitir dioxinas con la subvención de la Xunta

DENUNCIA ADEGA

Axudas para contaminar: A            cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha            subvención da Xunta

28 de agosto de 2012.      A cementeira COSMOS no Oural (Sarria) pretende voltar a queimar        pneumáticos logo de que hai 6 anos, unha        sentenza do TSXG tras denuncias da veciñanza e ADEGA,      prohibira esta práctica por molesta, insalubre, nociva e perigosa.      A derrogación do RAMINP e a súa substitución polo Decreto 133/2008      de Incidencia Ambiental suprimíu a distancia cautelar de 2000m das      instalacións contaminantes aos núcleos habitados, principal      argumento do TSXG para impedir a COSMOS queimar rodas e outros      plásticos. Quedou ao abeiro da Xunta decidir se esta actividade      debe someterse ao trámitre de incidencia ambiental e, no seu caso,      emitir autorización. Malia a que non figura publicada ningunha      resolución neste sentido (COSMOS aínda ten pendente a renovación      da Avaliación Ambiental Integrada), a empresa anunciou a súa      intención (non sabemos se xa o fai) de voltar a queimar      pneumáticos, fonte de dioxinas,          furanos, PCBs e HAPs,      substancias altamente canceríxenas.      Curiosamente, a excusa de COSMOS é millorar a «eficiencia      enerxética», para o que a Xunta acaba de concederlle unha subvención        de 18.000€.

Na súa sentenza            de 2006, o TSXG recoñecía a actividade de incineración          de pneumáticos e outros plásticos como molesta, insalubre,          nociva e perigosa, e que portanto, non podía efectuarse e          menos de 2000 m dos núcleos habitados. Mais ao ser derrogado o RAMINP en 2008 e substituido polo          Decreto 133/2008, desapareceu a principal fundamentación do          TSXG, isto é, as distancias mínimas. A nova norma faculta á          Xunta para decidir se unha actividade debe ser sometida a          Incidencia Ambiental, emitir o ditame preceitivo e mesmo          nalgúns casos, ceder aos concellos esta potestade. Malia a que          non apareceu publicada resolución algunha autorizando a COSMOS          a voltar a queimar pneumáticos e outros restos plásticos          (residuos lixeiros de fragmentadora de veículos fóra de uso),          a empresa parece contar coa aquiescencia da Xunta e, segundo          varios medios de comunicación, comezouno a facer xa este mes.

Independentemente          das vicisitudes administrativo-xudiciais deste cheirento caso,          dende ADEGA preguntámonos: É que a queima de pneumáticos e          outros residuos plásticos non segue a ser unha das principais          fontes de emisións industriais de dioxinas, furanos, PCBs          (PoliCloroBifenilos) e HAPs (Hidrocarburos Aromáticos          Policíclicos), todas elas substancias altamenmte tóxicas,          canceríxenas e mutaxénicas? É que a fatoría de COSMOS non          segue a estar no centro da vila do Oural e a poucos metros das          vivendas, garderías…? É que para menter os beneficios          empresariais agora a cidadanía temos que soportar o dereito de          pernada de determinadas empresas que usan os postos de          traballo como escudos humanos e o ambiente como vertedoiro?          Ulos os principios de Precaución e ¡de Mínima Exposición          consagrados nos tratados da UE, habida conta que para estas          substancias as Directivas Europeas recoñecen que non hai          límites de seguridade?

Estes          foron hai 6 anos e seguen a ser hoxe os nosos argumentos. E          dende ADEGA queremos deixar moi claro que non estamos en          contra da fatoría, senón destas prácticas contaminantes          movidas pola avaricia que poñen en risco a saúde dos          traballadores, da veciñanza do Oural e a salubridade do          ambiente. Hai pdfalternativas á incineración de              pneumáticos usados (reciclado como superficies          deportiva, aditivo para o recubrimento asfáltico das estradas,          etc.) e outros xeitos de millorar a eficiencia enerxética das          cementreiras (novas técnicas, enerxías renovábeis…). O que          xa resulta de todo punto escandaloso, é a actitude da Xunta          neste asunto: A administración, que debería velar pola          seguridade e a saúde das persoas e o ambiente, parece máis          preocupada por darlle gusto á empresa. Tanto é así que, coa          Avaliación Ambiental Integrada en revisión, COSMOS dá por          concedidos os permisos, e mesmo xa pode estar queimando rodas. Incluso a Xunta          concedeulle en xuño unha subvención de 18.001,50€ para          «proxectos de aforro e eficiencia enerxética», xusto a excusa          que COSMOS pon agora para voltar a queimar rodas!

¿Y tú qué opinas de esto?