El PSdeG rompe el diálogo en el debate sobre la propuesta de los populares gallegos para reducir el número de diputados en la Cámara, ya que responde a los intereses de la «derecha cavernícola», e insta al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a retirar esta iniciativa «si le queda dignidad».
Para los socialistas, la demanda de la ciudadanía está en «reducir costes» en las administraciones, por lo que ha pedido al Gobierno gallego que atienda a la propuesta realizada por su partido la pasada semana para «disminuir siete veces el gasto en el Parlamento y las instituciones públicas».
Carmen Gallego ha afirmado que los socialistas «no descartan» la convocatoria de movilizaciones para tratar de frenar lo que ha calificado como «un ataque frontal a la democracia».
«El PSdeG trabajará junto a otras fuerzas políticas, asociaciones y la ciudadanía para parar esta propuesta», ha señalado Gallego, quien ha avanzado que «ya se han producido contactos» con el BNG para trabajar conjuntamente en este tema.
Precisamente el BNG ha hecho público otro comunicado en que rechaza asimismo la reforma electoral que el PP «pretende imponer sin consenso social y político»
COMUNICADO PSdeG
«Tódalas pontes de diálogo están rotas mentres Feijóo manteña o seu pucheirazo electoral»
9 de Agosto de 2012 ·
A coordinadora de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, acusou hoxe a Feijóo de ter “roto tódalas pontes” e facer que “tódolos diálogos sexan inútiles” ao anunciar o seu “pucheirazo electoral”. Gallego instou ao PP a retirar a proposta de redución de deputados, presentada para garantir un reparto mais favorable nas próximas eleccións, e recuperar así o consenso institucional.
A responsable socialista lamentou que o presidente da Xunta teña perpetrado este ataque contra a democracia e o sistema representativo galego para “tentar de gañar unhas eleccións que sabe perdidas”. Advertiu que Feijóo está a agochar así o fracaso da súa xestión nunha lexislatura na que “non pode ofrecer unha soa cifra positiva aos galegos e galegas”.
Gallego desbotou o argumento do aforro esgrimido polo PP por canto teñen rexeitado a proposta formulada por Pachi Vázquez de reducir o custe do Parlamento e multiplicar por sete o aforro supostamente proposto por Feijóo pero mantendo o número de escanos no Parlamento. Criticou que este grupo parlamentario “se deixe levar polos tertulianos da ultradereita mais rancia que habitan no seo do PP”.
Dixo que este “ataque frontal contra as regras democráticas acordadas por consenso” evidencia que Feijóo “actúa en clave de intereses persoais e do PP e non en clave de Galicia”. Engadiu que esta “dereita cavernícola que añora tempos pasados” e aproveita a crise, secundada por Feijóo, para “xogar coa democracia ao seu antollo” e responsabilizar á política e os políticos de “tódolos males do nosos sistema”.
A responsable socialista reivindicou o papel dos políticos para constituír unha sociedade mais xusta e igualitaria garantindo os dereitos das persoas, mentres a dereita “quere unha sociedade mais desigual, dividida entre pobres e ricos”. Anunciou que os socialistas galegos “traballaremos co resto das forzas políticas e coa sociedade civil para parar esta proposta de Feijóo”.
O peor presidente
A xuízo da responsable socialista, Feijóo “non é un bo xestor, é o peor presidente que tivo Galicia, que só recorta dereitos, que empobrece e endebeda a Galicia e que non pode presentar nin unha soa cifra positiva da súa xestión”. Lembrou así os datos do desemprego ou da débeda pública, que se teñen disparado dende a súa chegada á Xunta de Galicia, en 2009.
Dixo que Galicia ten hoxe 275.900 persoas desempregadas, cun incremento do paro catro veces superior ao do resto do Estado, e que aumentou en 113.200 persoas dende que goberna Feijóo. Ademais, hoxe hai 83.700 fogares con tódolos seus membros no paro, un 88 por cento mais que en 2009, facendo a Galicia “destruír emprego e dereitos a un ritmo superior que o conxunto do Estado.
Ademais, dixo, os galegos están hoxe moito mais endebedados que o día en que Feijóo tomou posesión, cunha débeda pública de 7.600 millóns de euros, o 12 por cento do PIB. Isto supuxo un incremento de 3.458 millóns de euros en só 3 anos, 6,5 veces mais que os 526 millóns que medrou na lexislatura anterior.
Advertiu que “tódalas medidas de recorte adoptadas por Feijóo nesta lexislatura fan que hoxe os galegos e galegas sexamos mais pobres e teñamos menos dereitos, cun sacrificio que tampouco serviu para mellorar a nosa economía”. Criticou que mentres o presidente da Xunta desenvolve unha axenda “tipicamente veraniega”, os socialistas “falamos dos problemas económicos e laborais dos galegos e galegas”.
Sinalou que mentres Feijóo quere desviar a atención dicindo que a xente está preocupada porque hai moitos políticos “a xente na rúa está preocupada polo seu futuro e o dos seus fillos, porque ven que as medidas que está tomando o PP non van na dirección axeitada para crear mais emprego e riqueza”.
Apuntou que “todo o mundo sabe que con recortes só hai mais paro, pobreza e desigualdade social, teñen que pagar uns medicamentos que ata agora non pagaban, por ir a unha sanidade de ricos e pobres, onde os pobres –e non só os inmigrantes- non terán dereitos”. Engadiu que “a xente na rúa está preocupada porque grazas ao PP os parados de longa duración vanse quedar o 15 de agosto sen a axuda de 400 euros”.
Presidenta do Parlamento
En resposta a preguntas dos xornalistas, a responsable socialista pediulle á presidenta do Parlamento que defenda á primeira institución representativa de Galicia en contra deste ataque perpetrado por Feijóo. Lamentou que esta “mais preocupada de xustificar o seu salario que de defender á institución que representa”, mentres, advertiu, no propio PP hai “división de opinións e malestar evidente” fronte a esta iniciativa tanto nas provincias como no seo do Grupo Parlamentario.
COMUNICADO BNG
O BNG REXEITA A REFORMA ELECTORAL QUE O PP PRETENDE APROBAR SEN CONSENSO SOCIAL E POLÍTICO
A portavoz parlamentaria nacionalista, Ana Pontón remite unha carta ao portavoz popular anunciando a negativa do BNG a “calquera posibilidade de consenso” sobre as bases da Reforma Electoral
Santiago de Compostela, 9 de agosto, 2012. A Portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón remite unha carta ao portavoz popular, Pedro Puy Fraga en resposta á proposta de modificación da lei 8/1985 de eleccións ao Parlamento galego, na que reitera o rexeitamento do BNG as bases do texto da reforma e pide a “a súa retirada”
Pontón critica a ausencia “dun debate demorado” sobre a posible alteración do sistema electoral e denuncia a intención do Partido popular de tentar aprobar unha proposta, previamente anunciada nos medios de comunicación polo Presidente da Xunta onde manifestou a súa intención de aprobala unilateralmente, mesmo con independencia do criterio dos grupos parlamentarios.
“O PP é consciente de que neste momento non ten a maioría absoluta, que a ten perdida, e o único que está intentando facer é cambiar as regras de xogo co obxectivo de conseguir máis escanos no Parlamento Galego con menos votos, isto só ten un nome: fraude electoral”, declaraba recentemente a portavoz nacionalista.
Para Pontón a proposta de Feijoo “enmárcase nun proceso de involución democrática e de recentralización e baleiramento das competencias do goberno galego”, polo que esixe a súa retirada.