Puesta en servicio de un tramo de la variante de Oleiros

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A variante acadará a súa total funcionalidade a finais de ano coa apertura do tramo I da Vía Ártabra

A Xunta pon hoxe en servizo un treito da variante de Oleiros (A Coruña) co fin de aliviar o tráfico que circula polo centro urbano deste concello

  • A variante de Oleiros está enmarcada no tramo I da Vía Ártabra que se inicia na N-VI e finaliza na zona de Meirás, onde conecta co segundo tramo na zona dos Tornos
  • O tramo da variante inaugurado hoxe aliviará o tráfico que circula polo núcleo de Oleiros, canalizando o tránsito das seguintes estradas que se conectan á variante mediante glorietas: Oleiros- Sada;  O Carballo (N-VI) – Oleiros (AC-180); e Oleiros – Pravío
  • O tramo II (Meirás- Veigue) atópase en servizo dende o mes de febreiro

Oleiros (A Coruña), 30 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pon hoxe en servizo un treito da variante de Oleiros, unha infraestrutura viaria que se sitúa no treito I da Vía Ártabra (Enlace N-VI- Enlace Meirás). Esta inauguración contou coa presenza da directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Ethel Vázquez Mourelle, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

A variante de Oleiros está enmarcada no tramo I da Vía Ártabra que se inicia na N-VI e finaliza na zona de Meirás, onde conecta co segundo tramo na zona dos Tornos. Dende a Xunta de Galicia adiantan que a variante acadará a súa total funcionalidade a finais de ano coa apertura do treito I da Vía Ártabra.

O tramo da variante de Oleiros inaugurado hoxe permitirá aliviar o tráfico que circula polo núcleo urbano de Oleiros, canalizando o tránsito das seguintes estradas que se conectan á variante mediante glorietas: estrada provincial Oleiros- Sada (DP-5813);  estrada autonómica O Carballo (N-VI) – Oleiros (AC-180); e a  provincial Oleiros – Pravío (DP-1707).

Unha vez que funcione a Vía Ártabra, a citada variante posibilitará dar accesibilidade ao centro urbano deste concello a través do enlace de Oleiros.

Treito I (N-VI- Enlace de Meirás) O primeiro tramo da Vía Ártabra une a N-VI co enlace de Meirás, sumando unha lonxitude total de 6,63 Km, tendo o eixe principal 4,85 km e a variante de Oleiros 1,78 km. Así, consta dun eixo que abrangue os primeiros 2,4 km dende o enlace coa N-VI ata o enlace de Sada e o resto do treito, os outros 2,4 km, vai dende o enlace de Sada ata a conexión co segundo tramo, no enlace de Meirás.

A Xunta realizará unha achega económica de preto de 50 millóns de euros para a execución deste primeiro intervalo da infraestrutura viaria.

Treito II (Meirás- Veigue) O segundo tramo da Vía Ártabra está comprendido entre o enlace de Meirás e Veigue, sumando unha lonxitude de 3,2 km. Este vial, cuxo investimento ascendeu a 14,5 millóns de euros, xa está en servizo dende o mes de febreiro.

Treito III (Veigue- Porto de Lorbé) O terceiro tramo, entre Veigue e Porto de Lorbé, consta de máis dun quilómetro de lonxitude. O obxecto desta actuación é a articulación e conexión da península de Sada e Oleiros coa rede metropolitana de A Coruña. Este vial, cun orzamento de 1,6 millóns de euros, atópase en execución.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s