Le piden a Feijóo un referendum popular sobre la Ley de Montes

PETICIÓN CHANGE.ORG

Sr. Presidente da Xunta de Galicia demandámoslle un referendun sobre a Lei de Montes e a implantación dos cultivos enerxéticos forestais!!!!!

REFERENDUN CONSULTIVO SOBRE A LEI DE MONTES E A IMPLANTACIÓN MÁSIVA DOS CULTIVOS ENERXÉTICOS.

Unha modificación sustancial da paisaxe, uso tradicional do entorno, forestación masiva das terras agricolas, modificación drástica dos métodos de explotación do solo, uso habitual de pesticidas por medios terrestres e aereos na explotación forestal, cambio da propiedade das terras ou da súa explotación afecta ao conxunto da poboación e é unha decisión de especial transcedencia que debe ser tomada polo conxunto da poboación que vive no territorio afectado.

A Lei de Montes que nestes intres está en tramitación parlamentaria e o borrador da Lei dos cultivos enerxéticos forestais elevado ao Consello Forestal de Galicia preven un cambio drástico no territorio galego. A Lei de Montes está pensada para beneficiar, ostensiblemente, as grandes industrias madeireiras e de produción de celulosa, agrocarburantes e agromasa; a costa de comprometer o futuro e supervivencia dos nosos sectores agrarios e gandeiros. A nova Lei de Montes só será unha ferramenta útil para xeneralizar a invasión do eucalipto en todo o País, pois favorece a introdución masiva de cultivos de agromasa e enerxéticos nos nosos montes. Pero, quizais, unha das modificacións máis graves, que vai comprometer de xeito irreversible o futuro dos nosos sectores agrarios e gandeiros, vai ser a posibilidade de cambiar o uso das terras de agrario a forestal. Ademais, a nova lei pon en serio perigo á poboación do rural ao reducir a distancia de seguridade entre as masas forestais e os núcleos habitados a 30 metros. En calquera caso, de pouco ha servir a norma se, como até o de agora, a Xunta fai caso omiso ás denuncias e permite a infracción xeralizada da lei, con plantacións feitas até o limiar das casas como denominador común. Os cultivos enerxéticos forestais afondarán no modelo da agricultura industrial, entendida como a suma de monocultivos, biotecnoloxía, agrotóxicos e capital financeiro. Para obter o máximo rendemento, estas plantacións requiren facer un traballo de control da vexetación competidora, abonado, tratamentos fitosanitarios e incluso rega. De tal xeito que hai gran dependencia de insumos externos e aumenta o uso de produtos agrotóxicos. Por todo isto, os cultivos enerxéticos non van contribuír a solucionar a crise agrícola, nin a climática, como nos prometen. Pola contra, esta vaga de cultivos enerxéticos non só non paliará o problema do cambio climático, senón que creará outros novos, xa que a maior parte da enerxía producida, consúmese no cultivo e o procesado : no petróleo, agrotóxicos, rega, maquinaria, transporte e refinamento. Coa nova Lei de Montes e coa proposta da implantación masiva dos cultivos enerxéticos a produción alimentaría e o noso xeito de vida do medio rural intimamente ligado ao monte vai desaparecer.
O artigo 92 da Constitución Española preve no seu apartado 1 que as decisións políticas de especial trascendencia poderán ser sometidas a referéndum consultivo de todos os cidadans. Este método de participación cidadá foi raramente empregado en máis de 30 anos de vixencia da Constitución Española o que deixa ver claramente que é un dereito de participación directa secuestrado polos partidos políticos ao conxunto dos cidadáns.

As persoas que asinan o presente documento entenden que unha modificación sustancial da paisaxe, uso tradicional do entorno, forestación masiva das terras agricolas, modificación drástica dos métodos de explotación do solo, uso habitual de pesticidas por medios terrestres e aereos na explotación forestal, cambio da propiedade das terras ou da súa explotación afecta ao conxunto da poboación e é unha decisión de especial transcedencia que debe ser tomada polo conxunto da poboación que vive no territorio afectado.

En base ao antes exposto os asinantes deste escrito demanda do Presidente da Xunta de Galicia que solicite ao presidente do goberno español e do Congreso dos deputados a celebración dun referendun consultivo en Galicia sobre a aprobación definita da Lei de Montes e da implantación dos cultivos enerxéticos en todo o territorio galego; tamén demanda ao conxunto dos grupos políticos con representación no Congreso dos deputados o uso frecuente dos referenduns consultivos como método de democaracia directa e participativa.

CASTELLANO

REFERENDUN CONSULTIVO SOBRE LA LEI DE MONTES Y LA IMPLANTACIÓN MÁSIVA DE LOS CULTIVOS ENERGÉTICOS.

Una modificación sustancial del paisaje, uso tradicional del entorno, forestación masiva de las tierras agrícolas, modificación drástica de los métodos de explotación del suolo, uso habitual de pesticidas por medios terrestres y aereos en la explotación forestal, cambio de la propiedad de las tierras o de su explotación afecta al conjunto de la población y es una decisión de especial transcedencia que debe ser tomada por el conjunto de la población que vive en el territorio afectado.

A Lei de Montes que en estos momentos está en tramitación parlamentaria y el borrador de la Lei dos cultivos energéticos forestales elevado al Consello Forestal de Galicia preven un cambio drástico en el territorio gallego. La Lei de Montes está pensada para beneficiar, ostensiblemente, las grandes industrias madereras y de producción de celulosa, agrocarburantes y agromasa; a costa de comprometer el futuro y supervivencia de nuestros sectores agrarios y ganaderos.

 La nueva Lei de Montes solo será una herramienta útil para generalizar la invasión del eucalipto en todo el territorio gallego, dado que favorece la introducción masiva de cultivos de agromasa y energéticos en nuestros montes. Pero, quizas, una de las modificaciones más graves, que va a comprometer de forma irreversible el futuro de nuestros sectores agrarios y ganaderos, va ha ser la posibilidad de cambiar el uso de las tierras de agrario a forestal.

Ademas, la nueva ley pone en serio peligro la poboación del rural al reducir la distancia de seguridade entre las masas forestales y los núcleos habitados a 30 metros. En calqueira caso, de poco servira la norma se, como hasta ahora, la Xunta hace caso omiso a las denuncias y permite la infracción generalizada de la ley, con plantaciones hechas hasta el linde de las casas como denominador común.

Los cultivos energéticos forestales ahondarán en el modelo de la agricultura industrial, entendida como la suma de monocultivos, biotecnología, agrotóxicos y capital financeiro. Para obter el máximo rendimiento, estas plantacioness requieren hacer un trabajo de control de la vegetación competidora, abonando, tratamientos fitosanitarios e incluso riega. De tal forma que hay gran dependencia de insumos externos y aumenta el uso de produtos agrotóxicos. Por todo esto, los cultivos energéticos no van a contribuir a solucionar la crise agrícola, ni la climática, como nos prometen. Por el contrario, esta vaga de cultivos energéticos non solo no paliará el problema del cambio climático, s ino que creará otros nuevos, ya que la mayor parte de la energía producida, se consume en el cultivo y el procesado : en el petróleo, agrotóxicos, riega, maquinaria, transporte y refinamento. Con la nueva Lei de Montes y con la propuesta da implantación masiva dos cultivos energéticos la produción alimentaría y nuestra forma de vida del medio rural intimamente ligado al monte va ha desaparecer.
El articulo 92 de la Constitución Española prevee en su apartado 1 que las decisiones políticas de especial trascendencia poderán ser sometidas a referéndum consultivo de todos los ciudadanos. Este método de participación ciudadano fue raramente empleado mas de 30 año de vigencia de la Constitución Española lo que deja ver claramente que es un derecho de participación directa secuestrado por los partidos políticos al conjunto de los ciudadanos.

Las personas que firman el presente documento entienden que una modificación sustancial del paisaje, uso tradicional del entorno, forestación masiva de las tierras agrícolas, modificación drástica ded los métodos de explotación del suelo, uso habitual de pesticidas por medios terrestres y aereos en la explotación forestal, cambio de la propiedad de las tierras o de su explotación afecta al conjunto de la población y es una decisión de especial transcedencia que debe ser tomada polo conjunto de la población que vive en el territorio afectado.

En base a lo antes expuesto los firmantes deste escrito demanda del Presidente da Xunta de Galicia que solicite al presidente del Gobierno Español e del Congreso de los diputados la celebración de un referendun consultivo en Galicia sobre la aprobación definita de la Lei de Montes e de la implantación de los cultivos energéticos en todo el territorio gallego; tambien demanda al conjunto de lo grupos políticos con representación en el Congreso de los diputados el uso frecuente de los referenduns consultivos como método de democaracia directa y participativa.

VER Y FIRMAR LA PETICIÓN:

https://www.change.org/es/peticiones/sr-presidente-da-xunta-de-galicia-demand%C3%A1moslle-un-referendun-sobre-a-lei-de-montes-e-a-implantaci%C3%B3n-dos-cultivos-enerx%C3%A9ticos-forestais-1#

Anuncios

Un comentario sobre “Le piden a Feijóo un referendum popular sobre la Ley de Montes

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s