AUTOVÍA SALNÉS
Medio Ambiente realizará desvíos na Autovía do Salnés dende mañá ata finais de mes co obxectivo de estender a capa de firme no tramo entre o enlace de Curro a AP9
-
Estas actuacións permitirán que a AG-41 poida funcionar con dous carrís por sentido desde o enlace coa AP-9 no mes de xullo, reducindo así as retencións
-
A maioría dos cortes de tráfico realizaranse pola noite para producir menores afeccións aos usuarios
Pontevedra, 19 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará cortes na autovía do Salnés (AG-41), entre os pk 0 e 1+200, dende mañá ata finais de mes co fin estender a capa de rodadura desta infraestrutura viaria, é dicir, entre o tramo que vai dende o Enlace de Curro e a AP9.
Estas actuacións permitirán que a AG-41 poida funcionar con dous carrís por sentido desde o enlace coa AP-9 no mes de xullo, o que contribuirá a reducir os problemas de retencións que tradicionalmente presentou a conexión entre a AP-9 e a Autovía do Salnés nos meses estivais.
Así, entre o 20 e o 30 de xuño realizaranse varios cortes de tráfico nos ramais de acceso e saída da AP-9 con motivo da execución destes traballos. Polo que respecta aos vehículos que circulen en dirección AP-9 procedentes da AG-41, terán que abandonar a autovía polo enlace de Mosteiro e circular pola PO-531, en sentido Vilagarcía ou en sentido Pontevedra, para incorporarse á AP-9 nas saídas 110 ou 129 respectivamente. Os coches que queiran acceder á AG-41 dende a AP-9, terán que abandonar a AP-9 nas saídas 110 (vehículos procedentes de Santiago) ou 129 (procedentes de Pontevedra) e circular pola PO-531 ata a AG-41.
Estes cortes terán os seguintes horarios aproximados:
Outros desvíos Por outra parte, e tamén no ámbito das obras no novo enlace de Curro, na actualidade a Autovía do Salnés (AG-41) atópase desviada entre os seus PK´s 0+000 e 1+200, consistindo este desvío na canalización do tráfico en sentido Sanxenxo a través dun carril da nova calzada dereita construída da autovía e o desvío do tráfico en sentido Curro a través do enlace de Mosteiro.
Esta situación manterase ata o 22 de xuño de 2012, data en que o tráfico deste treito da AG-41 en ambos sentidos de circulación, será desviado a través do enlace de Mosteiro con motivo da execución das capas de rodadura e da sinalización horizontal no treito. A duración deste último desvío será entre os días 22 e 29 de xuño de 2012.
Durante todo o tempo en que os desvíos estean operativos manteranse informados aos usuarios da AG-41 e da AP-9 a través dos paneis de mensaxería variable.
