CONCENTRACIÓNS DA CIG
CONTRA A ESTAFA DO RESCATE
A CIG de Compostela convoca para o venres, día 15 de xuño, ás 12:00 horas, unha concentración de delegados/as, na Praza de Galiza, para denunciar a estafa do rescate e alertar das consecuencias que terá para a maioría da poboación, nomeadamente para a clase traballadora.
Na mesma estará ademais da dirección comarcal da central sindical na comarca, o secretario xeral, Suso Seixo.
A CIG ten convocadas concentracións similares en todas as cidades galegas. As horas e lugares son os seguintes:
– A Coruña: ás 12:00 horas diante do edificio do Banco de España (r/ Durán Loriga).
– Lugo: ás 12:30 horas diante da oficina de Bankia.
– Burela: ás 12:00 horas diante da oficina de Bankia (r/ Castelao, 1º).
– O Barco: ás 20:00 horas diante do Concello.
– Compostela: ás 12:00 horas, na Praza de Galiza.
– Ferrol: ás 11:45 horas, diante do edificio da Xunta, na Praza de España
– Ourense: ás 11:30, diante da oficina de bankia, na rúa Diagonal.
– Pontevedra: ás 12:00 horas, diante da ofina de Bancaja, na rúa Rosalía de Castro (onde está a Audiencia Provincial)
– Vigo: ás 12:00 horas, no cruce de Colón con García Barbón