Denuncia del desmantelamiento de la Estación Científica de O Courel para construir un aparcamiento de autobuses

O COUREL

ENTRADA DE

MUNDOGALIZA.COM

Plan malicioso para desmantelar a Estación Científica do Courel (Lugo)

Fai poucos días desembarcou no Courel, Pablo Ramil Rego, Vicerreitor Adxunto de Investigación, para o Campus de Lugo (USC). Fíxose acompañar da alcaldesa, para non alporizar ós veciños. Parece que tomaron medidas no entorno da Estación Científica, para construír un aparcadoiro de autobuses, e parece que incluso trataron con algún veciño para comprar unha finca. Según as manifestacións da propia alcaldesa á Voz de Galicia trátase de mudar o uso da metade do edificio, de uso Científico pasalo a informativo-recreativo, un centro de interpretación da natureza no seo da Estación, ocupando a metade, de momento a primeira planta, a máis grande. Para elo habería que remodelar a Estación Científica recen construída e construír o superparking de buses, ou sexa meter unha feira diaria nun centro de estudio e investigación.

É curioso, que os mesmos directivos da universidade que alegaron falta de fondos, para dotar a estación de mobiliario e laboratorios, agora non teñan reparos en despilfarrar en macroaparcamentos e reformas nun edificio que foi construído e deseñado, para o máis altos fins educativos e científicos, que a postre son os de máis beneficios económicos para toda sociedade. Quizais non reparou a alcaldesa, que a Estación Científica, é o mellor centro de interpretación, que o Courel puidera imaxinar, e que pode promociona o Courel por todo o Mundo.

Quizais non se decatou, que o mellor que puidera facer, sería utilizar as súas influenzas, para que o señor Ramil, accedera a dotar a estación de mobiliario e laboratorios. Quizais a Sra alcaldesa non se decatou aínda que a e Estación xa está funcionando, sen orzamento e sen mobiliario, e dándolle traballo a dúas das súas veciñas e sona internacional ó seu Concello. Acaso non tiña a alcaldesa un centro de interpretación da natureza en Moreda, na súa aldea, na entrada do mellor bosque de Galicia, a Rogueira, que a Xunta ten pechado de xeito vergoñento, sen que ela fixera absolutamente nada para evitalo.

Calquera pode entender que cando dúas institucións se reparten un edificio á metade, pouco despois o edificio pecha ou pasa a Institución máis poderesa, polo tanto de seguir adiante este plan O Courel quedará con toda seguridade sen o seu máis preciado e milagroso edificio, a Estación Científica, antes siquera de que fora dotada completamente. Está claro que aquí o de menos é o presunto Centro de Interpretación ou o espazo para montalo, curiosamente o Concello dispon de unha ducia de edificios que superan en metros cadrados á metade da Estación Científica, (construccións que enumeramos ao final nas notas aclaratorias, unha a unha).

Está claro que isto non é máis que un plan malicioso para desmantelar a estación científica do Courel, feito ás costas da actual Dirección da Institución , e dos veciños de Sevane que pagaron o solar do edificio, e presionaron para que se construíra.

Os fondos Públicos, necesarios para o aparcamento e a remodelación do edificio proceden, dunha partida orzamentaria, que o Goberno Central e a Xunta, destinaron ó Courel, pero que en realidade son para alimentar a empresa pública, o chiringuito Tragsa. O montante total parece que ascende a case 5 millóns de euros, e dentro había unha subpartida de 1.1 millóns para un Centro de Interpretación e Ribas de Sil, fora da Rede Natura, logo falouse de facer na Ferrería de Sevane, e finalmente parece que quedará na remodelación e aparcamento na Estación Científica:

http://www.boe.es/boe/dias/2010/11/04/pdfs/BOE-A-2010-16950.pdf

De todas as obras cantas está facendo Tragsa no Courel con estas partidas, non hai nin un só emprego de veciños do Courel, e ninguén sabe onde se están a facer nin o custo real. Quen decide sobre estas obras e cobra por iso é a xente do chiringuito, Ibader, da Politécnica de Lugo. Institución que dirixiu e hoxe segue a controlar Pablo Ramil, inimigo declarado do Courel, e da Estación Científica.

Orlando Álvarez

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s