CIG denuncia el récord del conselleiro de Economía, con tres trabajadoras embarazadas despedidas

A CIG denuncia o particular “Record Guinness” do Conselleiro de Economía e Industria

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, bate records en despedimentos improcedentes na Xunta de Galicia. Nesta lexislatura foron tres as traballadoras despedidas durante o período de maternidade

Responsables da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial están citados, por quinta vez nesta lexislatura, perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social de A Coruña

Compostela, 7 de xuño de 2012.- Ante as declaracións do conselleiro de Economía e Industria desta mañá, tras do Consello da Xunta, nas que se gababa da súa xestión a fronte do I+D, a sección sindical da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial denuncia o particular “Record Guinness” do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, polo despedimento de tres traballadoras en período de maternidade e por efectuar máis de 100 despedimentos nesta fundación pública que xestiona as políticas industriais e de innovación da Xunta de Galicia.

Os representantes dos traballadores/as consideran que a situación laboral na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial é insostible. Esta entidade pública acumula máis de tres anos de denuncias por despedimentos improcedentes e nulos, o último deles afectou a unha traballadora embarazada. Este feito, súmase ao despedimento previo doutras dúas traballadoras que se atopaban no período de maternidade e que foron readmitidas posteriormente por orde xudicial.

SE NON PODEN DESPEDIR A UN DELEGADO DA CIG, DESPIDEN A UN AFILIADO DA CIG

Os responsables da Fundación están citados por quinta vez na Inspección de Traballo e Seguridade Social de A Coruña. A citación, establecida para o luns 11 de xuño, débese a unha nova denuncia presentada pola CIG por vulneración de dereitos fundamentais, discriminación laboral e represión sindical. Nesta ocasión, os responsables da Fundación despiden a un afiliado da CIG ao manifestar que legalmente non poden despedir ao presidente do Comité de Empresa, que é delegado da CIG. Este feito demostra unha vez máis a chantaxe psicolóxica á que están sometidos os representantes do traballadores/as e o carácter represivo dos despedimentos.

SE JAVIER GUERRA FAI ISTO NA XUNTA DE GALICIA, QUE FARÁ NAS EMPRESAS DAS QUE É PROPIETARIO

A CIG leva denunciando dende o ano 2009 aos responsables da Consellaría de Economía e Industria pola crítica situación laboral da Fundación, que segue a ser xustificada como “normal” polo goberno do Partido Popular. Os delegados da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial cuestionan as condicións laborais ás que poden estar sometidos o traballadores/as das empresas das que Javier Guerra é propietario, como é o caso de “El Secreto del Mar”, tendo en conta o historial que acumula ao seu paso pola Xunta de Galicia. 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s