DERECHOS LABORALES
Mañá xoves, día 31 de maio, ás 11:30 horas
Concentración do persoal do concello de Santiago na Praza do Obradoiro contra os recortes de dereitos laborais aprobados polo goberno municipal
A CIG do concello de Santiago de Compostela convoca para mañá xoves, día 31 de maio, ás 11:30 horas, unha concentración na paraza do Obradoiro contra os recortes que o goberno municipal pretende aplicar sobre o seu persoal, ao abeiro do plan de axuste que foi aprobado polo PP en pleno, pero que non foi tratado na Mesa de Negociación e que supón a modificación dos acordos existentes.
A CIG rexeita estes recortes e denuncia que segue sen aportarse ningún informe que acredite que concorren as premisas legais que permitan a suspensión dos convenios vixentes.