Adega denuncia que Aspapel y la Xunta planean fumigar sobre espacios protegidos, ríos y villas

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

FUMIGACIONES TÓXICAS

ASPAPEL e Xunta planexan fumigar  sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións

4 de maio de 2012.  ADEGA vén de coñecer as zonas propostas por ASPAPEL para desenvolver as fumigacións dos eucaliptais co tóxico Flufenoxuron  nas provincias da Coruña (40                localizacións), Pontevedra (28                sitios) e Lugo (1                área).  Na documentación cartográfica, elaborada pola empresa Fitoaragón S.L., indícanse 69 áreas de 8 km de diámetro cada unha, denominadas “zonas de tratamento químico”. Nelas localízanse as masas de eucaliptos máis densas e con maior afectación do gorgullo, mais tamén inclúen lugares habitados, cursos fluviais e mesmo espazos da Rede Natura 2000.

            Dada a toxicidade do principio activo e a enorme dispersión dos métodos aéreos, persoas, animais e mesmo biodiversidade ameazada estarán expostas ao veleno. ADEGA advirte á Xunta de que podería estar sendo cómplice, de seguir “avalando” estas prácticas, dun delicto contra a saúde das persoas e o medio ambiente.

Un importante número das áreas nas que están proxectadas as fumigacións inclúen territorio da Rede Natura 2000 no que están presentes, entre outras, especies protexidas de insectos a cuxa conservación obriga a Directiva 92/43 CEE e que tamén se verán afectados polo tóxico. Por exemplo, a bolboreta Euphydryas aurinia e o escarabello Lucanus cervus (vacaloura) están consideradas de interese comunitario e figuran no Anexo II da Directiva de Hábitats.

A maiores, as poboacións do lepidóptero Zerynthia rumina, considerada en perigo de extinción e do coleóptero Cerambyx cerdo (capricornio das aciñeiras, o escarabello máis grande de Galiza), vulnerábel, poderían sufrir os efectos das          fumigacións. E alén dos insectos protexidos, tamén as aves  insectívoras e os morcegos, entre outros, acusarían os     efectos do veleno. Atendendo á Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade e á Lei 9/2001 de Conservación      da Natureza calquera dano a estas especies podería ser constitutivo dunha falta moi grave e mesmo dun delicto penal, coa agravante de ser a propia administración quen o cometería.

Tivo en conta a Xunta a  presenza destas especies protexidas, ameazadas e en perigo de extinción nas parcelas fumigadas, incluidas ou próximas a espazos protexidos? Considerou a Xunta os riscos das fumigacións sobre a saúde das persoas e a calidade dos recursos hídricos, dada a presenza nas “zonas de  tratamento” de núcleos de poboación e cursos fluviais? Cal    é a opinión da D. X. de Conservación da Natureza, da D. X.  de Saúde Pública e de Augas de Galiza polo que atinxe ao    envelenamento da auga?

A escandalosa submisión ao lobby  do eucalipto que amosou a administración galega,   corroborada por unha política forestal hiperpermisiva coas pasteiras e os seus intereses (Lei                de Montes, Orde                dos cultivos enerxéticos), non pode xustificar o  envelenamento deliberado das persoas e o medio ambiente.

2 comentarios sobre “Adega denuncia que Aspapel y la Xunta planean fumigar sobre espacios protegidos, ríos y villas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s