La Xunta deja fuera de la ampliación de la Red Natura a especies en peligro de extinción, denuncia Adega

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

DENUNCIA ADEGA

A Xunta deixa especies en perigo de extinción fóra da ampliación da Rede Natura

26 de marzo de 2012. 5      anos despois de ter aprobado o CGEA (Catálogo Galego de Especies      Ameazadas) a práctica totalidade da nosa flora e fauna máis fráxil      segue sen protección efectiva. Os primeiros 3 planos de      recuperación/conservación destas especies (das 200 ameazadas)      acaban de ser presentados pola Xunta, logo de que en 2007 licitaranse        e eleboráranse varias ducias. Por iso non deixa de resultar      patético que agora que a administración pretende aprobar medidas      para recuperar unha especie en perigo de extinción, a escribenta        das canaveiras, grande parte do hábitat onde aniña o 3%        da poboación mundial desta especie (as brañas de Dodro),      quede fóra da ampliación        da Rede Natura 2000 do PP. Terá algo que ver o megaproxecto        de paseo fluvial, praia e urbanización da contorna      presentado por Costas en 2010?

As agresións perpetradas pola Xunta contra as      especies ameazadas e en perigo de extinción non rematan eiquí.      Tamén a respeito da escribenta das canaveiras (Emberiza        schoeniclus subsp. lusitanica), a administración      autorizou rozas        sistemáticas dos carrizais e matogueiras na contorna da lagoa da        Frouxeira, en Valdoviño, outro dos hábitats nos que aniña      esta especie en perigo de extinción. Deste xeito, e á marxe das chafalladas        e despropósitos perpetrados pola Xunta neste espazo,      denunciadas por ADEGA perante a Fiscalía, o organismo Ramsar e a      Comisión Europea e obxecto de investigación por parte do Xulgado      de Ferrol, a Xunta cometeu un delicto ecolóxico ao permitir estas      rozas que alteraron gravemente o hábitat dunha especie protexida      (art. 10.1.b do CGEA).

A Xunta evitou tamén respostar a denuncia de      ADEGA sobre a aplicación ilegal de “instrucións        técnicas” para o manexo de determinados hábitats especies      protexidas. Estes protocolos que están a ser aplicados por parte      dos servizos de conservación da Coruña, autorizan actividades que      comprometen a conservación de valiosos elementos da nosa      biodiversidade e non foron publicados en ningún boletín oficial,      carecendo portanto de validez legal.

Esta é a realidade da política de      conservación da Xunta: especies ameazadas e en perigo de extinción      ao chou; permisividade e despropósitos continuos con actuacións      que mesmo conculcan a legalidade; opacidade na xestión e como      colofón, ridículo ao presentar un plano de recuperación que pon en      evidencia a miserábel ampliación da RN 2000 que propón o PP:

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s