Reclaman a la Xunta que sustituya el wifi de las aulas en el Proyecto Abalar por ser dañiña su radiación para las personas

WIFI DAñINO

ADEGA, APDR e a Federación de ANPAS de Lugo piden á Xunta que substitúa o “wifi” por cabo no Proxecto Abalar

Adega, APDR y la Federación de Anpas de Lugo piden a la Xunta que sustituya el wifi por el cable en el Proyecto Abalar

Compostela, 8 de febreiro de 2012.Representantes das ANPAS de Lugo e dos colectivos APDR e ADEGA vímonos de reunir co subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, para trasladarlle a proposta de substituir o acceso a internet vía “wifi” por cabo nas aulas do proxecto Abalar. A exposición continuada das persoas á radiación electromagnética, particularmente dos nenos e nenas en idade escolar através dos móbiles e do sistema “wifi”, pode causar graves danos á saúde como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde. O propio Consello de Europa recomendou en maio de 2011 tomar medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións. Temos a oportunidade de, mediante uns pequenos cambios, facermos unhas aulas máis saudábeis para as nosas crianzas. Non é esta unha obriga de toda administración pública? Solicitude_ESCOLA_SEN_WIFI (408 Kb)

Unha das medidas recomendadas é o emprego de sistemas máis eficientes e seguros nas escolas como o cable no canto de Wifi, por seren os nenos e as nenas un sector da poboación dos máis sensibles a este tipo de radiacións. Pola contra, o único sistema de acceso a Internet que a Xunta propón no proxecto Abalar para os centros de ensino é o sistema Wifi, pese a que isto supón un alto risco para a saúde dos nenos e nenas e vai en contra das recomendacións da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.

O proxecto Abalar ten como obxectivo a integración plena das TIC na práctica educativa en Galiza, o que é imprescindíbel para o bo desenvolvemento dos rapaces na sociedade actual e futura. Por iso, dende ADEGA, a APDR e as ANPAS de Lugo, concordando cos obxectivos de Abalar, cremos que sería posíbel modificar o sistema de acceso á rede nas aulas para, ademais de garantir un ensino de calidade, non poñer en risco a saúde dos cativos.

As tres organizacións instamos á Xunta a tomar medidas que xa levaron a cabo outras administracións de países como Franza, Inglaterra, Alemaña, Austria, Suíza, Canadá e Estados Unidos, onde se prohibe o emprego de “wifi” nas escolas ou se rempraza por cable. O Estado español tampouco é alleo a estas demandas: son moitas as organizacións que, através da campaña ” Escola sen Wifi” da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética, están a avogar pola retirada do sistema “wifi” das escolas e a instalación da rede por cabo.

Tamén solicitamos á administración que mentres non se substitúa o dispositivo “wifi” por cableado nas escolas, ínstese aos centros de ensino a apagar os emisores cando os rapaces e rapazas non precisen internet.

Dende ADEGA, a APDR e a Federación de ANPAS de Lugo consideramos que estas medidas non supoñen custos engadidos na instalación de internet nos colexios; pola contra, a instalación da rede polo sistema de cableado pode resultar máis barata que o sistema “wifi”, proporcionando ademais unha maior eficacia do servizo. Tamén o feito de manter apagado o dispositivo “wifi” mentres os alumnos e alunas non o utilicen, como medida de precaución e provisional até que non se produza a substitución por cabos, contribuirá a reducir o consumo enerxético dos centros educativos e, portanto, o gasto de recursos e fondos públicos.

 
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s