La web GalegoLab desarrolló catorce proyectos para promocionar el gallego a través del ‘crowdsourcing’

 NOTA DE PRENSA

GalegoLab, a web galega de “crowdsourcing”, desenvolveu 14 proxectos a prol do lecer en galego

  • GalegoLab pecha o ano 2011 tendo levado a cabo catorce proxectos de diversa natureza dirixidos a fomentar a oferta de lecer no idioma galego.

A páxina web http://galegolab.org conta na actualidade con 1.015 usuarios

. Actualmente hai nela 34 ideas a prol do galego (http://galegolab.org/explora/ideas/).

Os proxectos máis que se desenvolveron na páxina ou que agora están en marcha son:

  •  Pinchada de música

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/pinchadas-de-musica-pero-da-boa–1/)l, toda en galego, que se fixo en Vigo en setembro do ano pasado.

  • 24 horas galego fullscreen

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/24-horas-galego-fullscreen-1/), un concurso de vídeos nos que os participantes relataban como era para eles un día en galego e no que o gañador foi “Co galego… ata o inferno” (http://eufalo.tv/video/co-galego-ata-o-inferno/).

  • Fútbol galego, fútbol en galego

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/futbol-galego-futbol-en-galego/) busca que o equipo de fútbol da Coruña, o Dépor, comece a usar o galego nas súas comunicacións.

  • Memoria Pixelada

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/memoria-pixelada/) é un blog sobre videoxogos na nosa lingua, para o que o seu coordinador atopou en GalegoLab tres colaboradores.

  • A galega para 145 millóns de usuarios e A lingua galega máis alta no Twitter

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/a-lingua-galega-mais-alta-no-twitter-3), dúas iniciativas que colocaron a etiqueta #galega entre os temas do momento na rede social Twitter o 6 de outubro e o 17 de decembro de 2010, para conmemorar o aniversario do primeiro mitin político en galego e o cabodano da execución de Pardo de Cela, respectivamente.

  • Guías de viaxes en galego e por galegos

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/guias-de-viaxes-en-galego-e-por-galegs-1/). Os voluntarios apuntados están escribindo guías de viaxes sobre diversas cidades.

), invitouse a quen quixera a realizar unha versión propia para que, no Día das Letras Galegas, calquera puidese enviar a súa preferida ós seus contactos para celebrar esta festividade. Recibíronse estas http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo.

  • Literatura infantil en galego

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/literatura-infantil-galega-1/). Neste momento, estanse a escribir e ilustrar dez contos infantís en galego.

  • Falemos de cinema na nosa lingua

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/falemos-de-cinema-na-nosa-lingua-1/). Neste proxecto, os directores da Cuarta Parede, unha revista dixital de crítica cinematográfica, atoparon catro persoas que lles axuden a traducir os artigos que os colaboradores lles envían noutros idiomas.

  • Galego +

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/galego-/) busca felicitar a aquelas empresas que empregan a nosa lingua enviándolles correos electrónicos.

  • Twitter en galego

(http://galegolab.org/proxecto-aberto/twitter-en-galego/) atopou xente voluntaria para facer a tradución ó galego da rede social. Actualmente estase á espera de que o propio Twitter a autorice.

  • Guía Branca

(http://galegolab.org/proxecto-aberto/guia-branca-1/) pretende crear unha web, a modo de base de datos, sobre todo tipo de establecementos que empreguen o galego.

  • Skype en galego

(http://galegolab.org/proxecto-aberto/skype-en-galego/) busca que Skype acepte como oficial e ofreza a todos os usuarios a tradución que o xestor da idea xa ten feita.

  • Documental audiovisual sobre a diáspora galega

(http://galegolab.org/proxecto-realizado/documental-audiovisual-sobre-a-diaspora-galega/) ten como obxectivo a realización dun documental sobre a nova diáspora galega, a 2.0, máis vencellada á terra gracias ás novas tecnoloxías do que o estiveran os emigrantes de xeracións anteriores.

GalegoLab é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o  impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque de abaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá.

A súa ferramenta principal é a web GalegoLab (http://galegolab.org), unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010. O pasado 14 de setembro recebiu o primeiro premio da Secretaría Xeral de Modernización ao desenvolvemento de contidos en Internet na categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s