COMUNICADO DE ADEGA
A empresa de gas natural REGANOSA denunciada na Fiscalía Anticorrupción por trafego ilegal de gas
6 de outubro de 2011. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ADEGA-Trasancos e a plataforma veciñal de Mehá veñen de trasladar á Fiscalía Anticorrupción do estado unha denuncia contra REGANOSA polo trafego ilegal de gas, teoricamente adicado ao consumo no estado, e que remata previa escala en Ferrol exportado a terceiros países. Trátase dunha actividade próxima ao «bunkering», coa agravante de aumentar o risco de accidente e xerar uns sobrecustos que acaban repercutindo nas tarifas. Gas de Alxeria que logo de trasvasado remata en Italia; gas «exportado» vía Xibraltar que remata no cono Sul; gas procedente do Caribe descargado e volto a cargar en REGANOSA con destino a Arxentina, cruzando 2 veces o Atlántico. Quen está a tolerar e a quen beneficia este lucrativo negocio de importación/exportación?
Resulta difícil explicar que un estado netamente importador e dependente do gas natural como España poida exportar semellantes cantidades de gas a outros países. Máis difícil aínda é explicar que resulte máis rendíbel aos importadores de Italia, América ou Kuwait, que o gas procedente de Alxeria ou Nixeria teña que desviarse da súa rota e realizar un longo percorrido para chegar á Ría de Ferrol, onde será descargado na planta REGANOSA e logo trasvasado a un novo buque que chegará aos países de destino despois dunha longa travesía.
A planta de regasificación de REGANOSA (como todas as plantas de gas do estado) pertence ao Sistema Gasista e é unha actividade regulamantada pola administración. Isto supón que a construcción, mantemento e gastos de operación destas infraestruturas gasistas son subvencionadas e pagadas polos consumidores, ao considerar que están prestando un servizo ao conxunto do estado. E perecisamente, os labores de carga precisos para «exportar» o gas a terceiros países xera una custos superiores á descarga, custos que acabamos pagando todos/as através das tarifas.
Este trafego de importacións/exportacións de gas non representa ningún servizo, nen beneficio para a cidadanía: ao contrario, tamén provoca un maior número de entradas e salidas de gaseiros cargados e portanto maior probabilidade de accidente. A isto hai que engadir o risco que xa supón a proximidade da planta de REGANOSA aos núcleos urbanos e a ausenza un plano de emerxencias para as operacións destes buques.
Desconoñecemos a fiscalidade que se lle poida estar a aplicar a estas operacións de «importación/exportación», pero xa aconteceu que nas instalacións de “Forestal del Atlántico” veciñas a REGANOSA no ano 1997 prodúxose unha importante fraude fiscal relacionada coa exportación de millleiros de toneladas de gasóleo, caso que a día de hoxe -despois de 14 años- aínda segue instruíndose no xulgado de Ferrol.
As nosas organizacións pedimos á Fiscalía Anticorrupción que investigue as exportacións de gas natural licuado que se realizan dende a planta de regasificación de REGANOSA polo perxuizo que poidan estar producindo al erario público e polo grave perigo ao que expoñen á poboación, alén de investigar quenes son os beneficiarios destas operacións.