Las empresas gallegas de Software Libre y la Xunta divulgan las nuevas tecnologías entre las ONGs

As empresas galegas de Software Libre e a Xunta colaboran para divulgar as novas tecnoloxías ás ONG e entidades de economía social

  • As principais asociacións que operan en Galicia xuntaranse nunha xornada de traballo en Santiago de Compostela para coñecer ferramentas informáticas de interese para ofrecer un mellor servizo aos colectivos desfavorecidos

(23-setembro-2011) A economía social ou terceiro sector designa a un eido á marxe dos sectores público e privado, un área de economía e iniciativas solidarias e non lucrativas que en Galicia está representado por unhas 2.000 entidades entre asociacións, fundacións e organizacións relixiosas. Para elas o emprego do software libre representa una oportunidade accesible para para superar a fenda dixital e incorporar novas tecnoloxías. Informar e achegar as opcións existentes é o obxectivo da xornada “Software libre para o terceiro sector: Oportunidades para o desenvolvemento” organizada por Agasol, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia.

A xuntanza terá lugar o día 29 de setembro no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107 – Santiago) e congregará a ONG y entidades galegas que enfocan o seu labor cara a acción social para mostrarles diferentes solucións e experiencias de interese en eidos como os do servizos para discapacitados, dereitos humáns, drogodependencias, educación, exclusión social, xuventude, terceira idade, etc… de xeito que as asociacións participantes poidan levar a cabo a súa misión de desenvolvemento social a través de ferramentas informáticas prácticas e gratuitas.
Agasol agrupa a máis de 30 empresas que facturan entre todas máis de 6 millóns de euros ao ano e erixese coma un axente fundamental na promoción e difusión do uso das TIC en Galicia. Dende fai anos, esta entidade sen ánimo de lucro ven realizando diferentes accións encamiñadas a un maior achegamento da sociedade da información a diferentes colectivos sociais, a través de presentacións, xornadas, demostracións ou xuntanzas nas que se presentan solucións e experiencias baseadas en tecnoloxías en código aberto.

A participación é gratuita previa inscripción en www.agasol.org/eventos

 Programa da xornada
• 9:30-9:45 Presentación da xornada por parte da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Dna. Mar Pereira Álvarez.
• 9:45-10:30 ¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas. Relator: Xavier Castaño (Igalia)
• 10:30-11:15 Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital. Relator: Carlos Rodríguez (Tegnix)
• 11:15-11:40 Pausa-café
• 11:40 -12:30 Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional. Relator: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia)
• 12:30 -13:30 Mesa redonda. Presentación da nova plataforma de traballo orientada ao terceiro sector

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s