EL 061-Galicia asistió a 109 personas por 69 accidentes de circulación durante el fin de semana
O 061-Galicia asistiu a 109 persoas por 69 accidentes de circulación durante a fin de semana
-
Dende as 15:00 horas do venres 9 de setembro ás 23:59 horas do domingo 11 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 84 chamadas por accidentes de tráfico
-
La Central de Coordinación de Urgencias Sanitarias recibió 84 llamadas por accidentes de tráfico
Santiago de Compostela, luns 12 de setembro de 2011.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 109 persoas debido a 69 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 9 de setembro, ata as 23:59 horas do domingo, 11 de setembro. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 30 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 69 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 109 persoas.
A proporción de homes e mulleres atendidas foi do 50 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 40 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 35 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
|
Provincia
|
Accidentes
|
|
A Coruña
|
35
|
|
Lugo
|
6
|
|
Ourense
|
5
|
|
Pontevedra
|
23
|
|
Galicia
|
69
|
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 92. Así, as UVI móbiles mobilizáronse en sete casos, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 75 accidentes; as concertadas en catro casos e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis sinistros.
En 95 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en oito ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que cinco persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e unha faleceu no lugar do sinistro.