Controlado o incendio no concello de Laza e extinguidos os de Bande e O Saviñao
- Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada polo lume no municipio ourensán de Laza (parroquia de Camba) supera as 80 hectáreas
- A superficie afectada polos incendios rexistrados en Bande (Ourense) e O Saviñao (Lugo) –ambos xa extinguidos– sitúase, nunha primeira estimación, nas 93 e 40 hectáreas, respectivamente
- Por outra parte, esta pasada noite rexistráronse outros dous incendios na provincia de Ourense, nos concellos de Calvos de Randín e Montederramo, que quedaron esta mañá extinguido e controlado, respectivamente
Controlado el incendio en el municipio de Laza y extinguidos los de Bande y O Saviñao
- Según las primeras estimaciones provisionales, la superficie afectada por el fuego en el municipio orensano de Laza (parroquia de Camba) supera las 80 hectáreas
- La superficie afectada por los incendios registrados en Bande (Ourense) y O Saviñao (Lugo) -ambos ya extinguidos- se halla, en una primera estimación, en las 93 y 40 hectáreas, respectivamente
- Por otra parte, esta pasada noche se registraron otros dos incendios en la provincia de Ourense, en los municipios de Calvos de Randín y Montederramo. El primero quedó esta mañana extinguido, y el segundo controlado.
Santiago, 10 de setembro de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Laza, na parroquia de Camba, quedou controlado (é dicir, xa sen lapas) ás 10:59 horas de hoxe. Este lume iniciouse onte venres ás 17:48 horas.
Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 80 hectáreas. No control deste incendio traballaron 5 axentes forestais, 7 brigadas, 2 patrullas de vixilancia, 5 motobombas, 2 palas, 2 helicópteros e 7 avións.
Extinguidos Bande e O Saviñao
Por outra banda, están xa extinguidos os lumes rexistrados nas últimas horas nos concellos de Bande (Ourense) e O Saviñao (Lugo).
No caso de Bande, o incendio na parroquia de Carpazás, que se iniciara onte venres ás 14:40 horas, quedou finalmente extinguido ás 11:47 horas desta mañá, afectando, segundo as primeiras estimacións provisionais, a unha superficie de 93 hectáreas (59 de raso e 34 de arborado).
Nos labores de extinción deste lume traballaron 1 técnico, 10 axentes forestais, 20 brigadas, 1 patrulla de vixilancia, 11 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e 5 avións.
O Saviñao
O lume rexistrado no municipio lucense do Saviñao (parroquia de Chave) quedou extinguido ás 11:53 horas desta mañá. Iniciárase ás 16:30 horas de onte venres nunha zona de pastos, afectando posteriormente a terreo forestal.
Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase en torno ás 40 hectáreas, das cales 10 son agrícolas (pastos) e as 30 restantes forestais (destas, 20 has corresponden a monte raso e 10 a arborado).
Na extinción deste incendio traballaron 1 técnico, 6 axentes forestais, 16 brigadas, 2 patrullas de vixilancia, 9 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e 9 avións.
Lumes da pasada noite en Calvos de Randín e Montederramo
Por outra parte, esta pasada noite rexistráronse outros dous incendios na provincia de Ourense, nos concellos de Calvos de Randín e Montederramo, que quedaron esta mañá extinguido e controlado, respectivamente.
O primeiro destes lumes rexistrouse na parroquia de Lobás, en Calvos de Randín, e quedou extinguido ás 11:46 horas desta mañá (empezou ás 23:10 horas de onte venres). Afectou, segundo as primeiras estimacións, a 20 has de raso. Alí traballaron 5 axentes forestais, 10 brigadas, 2 patrullas de vixilancia, 9 motobombas e 1 pala.
No tamén ourensán municipio de Montederramo (parroquia dos Abeledos) rexistrouse esta noite (comezou ás 21:45 de onte venres) un incendio forestal, controlado (non ten lapas) desde as 08:25 horas desta mañá e que tería afectado, segundo as primeiras estimacións provisionais, a unha superficie de 40 hectáreas, das cales 30 corresponden a monte raso e as 10 restantes a arborado.
No control deste lume traballaron 5 axentes, 9 brigadas, 1 patrulla de vixilancia e 5 motobombas.