El PPdeG se marca como objetivo conseguir la mayoría absoluta para Rajoy el 20N en Galicia

El portavoz del PPdeG asegura que el objetivo de los populares para las elecciones generales es que, si el primer escrutinio en completarse el 20N fuese el de Galicia, Mariano Rajoy salga con mayoría absoluta de su tierra

Miranda anuncia que Rueda será director de campaña en las elecciones generales y que Gómez Alonso asumirá la coordinación

O voceiro do PPdeG asegura que o obxectivo dos populares para as eleccións xerais é que se o primeiro escrutinio en pecharse o 20N fose o de Galicia, Mariano Rajoy saíse da súa terra con maioría absoluta.

Miranda anuncia que Rueda será director de campaña nas eleccións xerais e Gómez Alonso asumirá a coordinación

• Lembra que se trata dun tándem que deu bos resultados sempre que foi utilizado e, nunhas eleccións na que hai tanto en xogo, os populares teñen que contar cos mellores

• Engade que outros destacados dirixentes do partido, como o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, o coordinador dos deputados galegos, Celso Delgado, ou a vicesecretaria e vicevoceira, Marta Rodríguez Arias, tamén asumirían funcións destacadas dentro do comité de campaña

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2011.- O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou hoxe que o secretario xeral da formación, Alfonso Rueda, repetirá como director de campaña nas vindeiras eleccións xerais, e o secretario de Organización, Alejandro Gómez Alonso, asumirá de novo a coordinación xeral da campaña, ao igual que nas pasadas eleccións municipais.

Segundo asegurou o voceiro da formación, trátase dun tándem que deu bos resultados sempre que foi utilizado e, nunhas eleccións na que hai tanto en xogo, os populares teñen que contar cos mellores.

Así mesmo, engadiu que outros destacados dirixentes do partido, como o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, o coordinador dos deputados galegos, Celso Delgado, ou a vicesecretaria e vicevoceira, Marta Rodríguez Arias, tamén asumirían funcións destacadas dentro dese órgano que é o comité de campaña, cuxo obxectivo é liderar a coordinación do partido cun único obxectivo: que se o primeiro escrutinio en pecharse o 20N fose o de Galicia, Mariano Rajoy saíse da súa terra con maioría absoluta.

Para Miranda, iso é tanto como dicir que os populares aspiran a entregar a Rajoy más deputados dos que o PSOE e o BNG poñerán xuntos ao servizo de Alfredo Pérez Rubalcaba.

Con respecto á campaña que están preparando os populares galegos, o dirixente popular anunciou que en apenas 24 horas se volverá a abordar o tema para dar conta das decisións que o comité de campaña adopte trala súa reunión.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s