La siega en Albá y la fiesta de la cabra en Ramil, actividades estrella de Adega este fin de semana en la zona del Alto Ulla

COMUNICADO

ACTIVIDADES PARA ESTA FIN DE SEMANA  DE ADEGA NA ZONA DO ALTO ULLA
– EIRA DA XOANA –

ADEGA informa que durante a vindeira fin de semana realizará e formará parte na implementación de actividades comprometidas tanto co medio ambiento como coa cultura galegas, contribuíndo con elo a manter tradicións por moitos esquecidas na zona do Alto Ulla.

As actividades son as seguintes:

SÁBADO 13 DE AGOSTO: SEGA EN ALBÁ (ALDEA DE ARQUEIXAL)

Na aldea arqueixal sementouse centeo do país no inverno. Agora son horas de apañar o froito e gozar dese momento de traballo comunitario, para o que se recomenda vir ataviados de chapeu de palla e pano na cabeza ( mulleres) e no pescozo ( homes), xunto con outras vestes propias do traballo.

PROGRAMA:

10.00 h => Encontro na Eira para irmos todos xuntos a Albá

10.30 h => Chegada á aldea Arqueixal

11.00 h => Comezo da sega

14.00 h => Remate da sega ( ás 12 meteremos un bocado, serviranse produtos ecolóxicos da aldea)

14.30 h => Traslado á Eira da Xoana, onde xantaremos de convivio coma sempre

16.00 h => Traballos comunitarios de acondicionamento na Eira, e visita ás Torrentes, onde quen queira podese bañar nas súas pozas

NOTAS:

Esta actividade é gratuíta e débese confirmar a asistencia.
Só lembrar que na aldea hai unha tenda con produtos ecolóxicos ao dispor de quen queira mercar.
Se alguén estiver interesado pode ficar a xantar na aldea (prezo 20 euros) e(ou) durmir nas súas casas de aluguer (chamar antes) Reservas : tel.- 982 380 251 ou queixoarqueixal@terra.es


 DOMINGO 14 DE AGOSTO: FESTA DA CABRA EN RAMIL

Este é o día onde, na freguesía de Ramil, se celebra a festa do ano. Hai festa rachada, con cabalos, xogos, orquestras, etc. Nós unímonos, como veciños que somos, e facemos a nosa aportación con música, xogos e imos tentar xunguir unha parella de vacas ao carro milenario do Camilo

PROGRAMA:

12.30 h => Encontro na Eira para recebir a xente que ven para a festa e convidala a que visite a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparar as cousas necesarias para o xantar.

13.45 h => Concerto no campo da festa

13.45 h => Xantar na Eira cada persoa pode traer o seu. A maiores a organización porá un lacón asado e cafés para todos. Os musicos, como é lóxico, están convidados.

Continuaremos o noso convivio toda a tarde, até o serao. Á noitiña, como é costume tocarán as orquestras para dar o axeitado remate á festa.

NOTAS:

Esta actividade custa 10 euros (7 socios). Esta é unha aportación solidaria individual, coma un veciño/a máis, de toda aquela persoa que participe na festa con fin de contribuír a sufragar os gastos que ocasiona aos veciños/as de Ramil a celebración anual da Festa Tradicional da Cabra.

Confirmación da asistencia antes do xoves 11 os tfs. 659 683 384 (Pepe) ou 638 475 322 (Marcial) ou no mail eiradaxoanadega@gmail.com

Para máis información, contactar co Equipo da Eira da Xoana:

Marcial 638 47 53 22

Pepe Salvadores 659 68 33 84

ou no enderezo: eiradaxoanadega@gmail.com

¿Y tú qué opinas de esto?