Las asociaciones de Caldas y comarca junto con los ecologistas se manifiestan para exigir la apertura de la presa

ADEGA – ACTO REIVINDICATIVO EN DEFENSA DO UMIA (PONTEVEDRA)

——————————————————————————–

Caldas de Reis, a 28/07/2011

ADEGA E A COORDENADORA ANTIENCORO DE CALDAS, CUNTIS E MORAÑA REXEITAN A NOVA CAPTACIÓN DE AUGA PARA O NUCLEO URBANO DE CALDAS E VOLVEN A REAFIRMARSE EN QUE A ÚNICA SOLUCIÓN EFICIENTE (E TAMÉN A MÁIS ECONÓMICA) CONSISTE EN ABRIR A PRESA PARA QUE O RÍO VOLVA A FLUÍR LIBREMENTE

Coa fin de denunciar ante os veciños de Caldas e ante a opinión pública xeral a pretensión da Consellería do Sr. Hernández de poñer en marcha unha nova captación de auga para Caldas que permita solucionar os problemas de desabastecemento de auga potable que cada verán ten que soportar o núcleo urbano de Caldas debidos a proliferación de cianobacterias no encoro de A BAXE (Caldas), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), xunto con outras asociacións de Caldas e Comarca, levarán a cabo, o dia 29, ás 6 da tarde, no muro da presa, un ACTO REIVINDICATIVO, co que volver a solicitar a apertura da presa como única forma eficiente de acabar con tal proliferación de cianobacterias no encoro e solucionar así tanto a contaminación da auga potable como a do propio encoro.

Ao mesmo tempo tratan de chamar a atención da veciñanza e da opinión pública en xeral sobre a fraude que representa que AUGAS de GALICIA poida gastar agora cerca de 700.000 Euros nunha nova captación para Caldas, cando se trata dun encoro construído integramente con cartos públicos co finalidade de, con el, poder asegurar o abastecemento de Caldas e de toda a Comarca do Salnés.

——————————————————

MANIFIESTO:

AMIGAS E AMIGOS.

Un verán máis a proliferación das cianobacterias do xénero Microcystis neste encoro de A BAXE e a consecuente contaminación da auga do encoro e do río pola microcistina volve a constituír unha grave ameaza para a saúde do río e dos ecosistemas fluviais e, a resultas desta,  unha absolutamente inaceptable ameaza para a saúde pública dos veciños de Caldas e demais poboacións da Comarca (Vilagarcía, Portas, Ribadumia, etc, ) que se abastecen de auga potable dende o río Umia.

                  Compartimos, pois, co Concello e con todos os veciños e veciñas de Caldas de Reis a preocupación pola calidade da auga potable que cada verán se nos subministra dende a ETAP. Tamén compartimos  con todas e con todos a urxente necesidade de encontrar unha solución definitiva a esta situación do río, que ademais de supoñer un grave risco para a saúde pública, supón así mesmo un importante quebranto económico para as economías domésticas que pagan por unha auga de escasa salubridade e poucas garantías para o consumo, un importante
quebranto económico para as arcas do Concello que ten que asumir uns elevados sobrecustos de depuración para o tratamento con ozono e carbono activo e, finalmente, un importante quebranto económico ao erario público ao ter que, verán tras verán, que asumir os custos do transporte de auga en camións cisterna dende a ETAP de Vilagarcía ata a ETAP de Caldas de Reis, a maiores do gasto inútil e pouco xustificado que ano tras ano se está a facer en traballos de limpeza no encoro.

                  CON ESTE ACTO, -CONVOCADOS AQUÍ POLA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALICIA (ADEGA);  POLA
COORDINADORA ANTIENCORO DE CALDAS, CUNTIS E MORAÑA; POLA ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL O FERVEDOIRO DE CUNTIS;  POLA ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL GONZALEZ ABOI DE CALDAS, POLO COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS E POLA ONG AEMS-RIOS CON VIDA, REPRESENTADA AQUÍ POLO SEU PRESIDENTE PEDRO BRUFAU-, QUEREMOS, UNHA VEZ MÁIS, CHAMAR A ATENCIÓN DA OPINIÓN  PÚBLICA SOBRE ESTA INTOLERABLE SITUACIÓN DO RÍO E DA AUGA POTABLE DE CALDAS E SOBRE A URXENTE NECESIDADE DE PORSE A TRABALLAR NA SÚA SOLUCIÓN DEFINITIVA.

                  No DOG do pasado 17 sometíase a información pública o proxecto para unha NOVA CAPTACIÓN DE AUGA PARA O NÚCLEO
URBANO DE CALDAS
completada coa construción dun novo depósito de distribución de 2.200 m3 na actual ETAP e tamén, por suposto, cunha nova condución de auga dende o punto de captación nas beiras do río ata a ETAP, todo elo inicialmente orzamentado en case que 700.000 euros.

                  Como xustificación desta nova captación, aprobada polo Consello da Xunta na súa reunión do pasado 9 de Xuño, o proxecto
literalmente manifesta que “a auga captada no encoro (non se capta no encoro, senón no río) presenta episodios de mala calidade debida á presenza de microcystis no mesmo. Durante ditos episodios os filtros da ETAP atáscanse con frecuencia, sendo preciso realizar varios lavados diarios, durante os cales utilízase auga xa tratada e ademais deixase de aportar auga ao depósito, de modo que o nivel no mesmo diminúe rapidamente producíndose problemas de subministro”.
É dicir, o proxecto non fai máis que recoñecer o que todas e todos os veciños de Caldas xa coñecíamos a través das analíticas de auga publicadas polo concello:  A INCAPACIDADE DA ETAP DE CALDAS DE REIS PARA, A PESAR DO TRATAMENTO CON OZONO E  OS
FILTROS DE CARBONO ACTIVO, GARANTIR UN SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE DE CALIDADE.

                  Amigas e amigos, se a proliferación de cianobacterias  non encoro de A BAXE é a xustificación desta nova
captación, de ningunha maneira se pode aceptar que a Consellería do Sr. Hernández nos veña a propoñer  agora un sobregasto de cerca de 700.000 euros para unha nova captación de auga sen antes estudar cal é a orixe e cales son as causas de tal contaminación e sen antes estudar tamén se hai outras alternativas máis eficientes e/ou de menores custos.
  Os galegos e galegas que cos nosos impostos sostemos ao erario público temos dereito a esixir todas as garantías de eficiencia en
calquera gasto e inversión que a Administración poda facer e, en correspondencia, a Administración Pública está obrigada a garantir e render
contas sobre esa eficiencia do gasto e da inversión pública que teña acordado facer
.

NINGÚN CIDADÁ DEBERA, POIS, ACEPTAR  QUE  AUGAS DE GALICIA VEÑA A PROPOÑERNOS GASTAR 700.000 EUROS DOS FUNDOS PÚBLICOS SEN ANTES ESTUDAR SE PODEN OU NON EXISTIR OUTRAS ALTERNATIVAS MAIS EFICIENTES E/OU DE MENORES CUSTOS.

                  Mais no caso deste proxecto de nova captación para o núcleo urbano de Caldas, hai, a maiores outros argumentos:

-AUGAS DE GALICIA sabe moi ben que o encoro de Caldas foi integramente construído con cartos públicos coa finalidade de asegurar o abastecemento de Caldas e de toda a comarca do Salnés e que, polo tanto, ten que resultar ilexítimo que unha concesión de
aproveitamento hidroeléctrico poda comprometer,  nin sequera minimamente, dito abastecemento.

– AUGAS DE GALICIA sabe moi ben que, -polo disposto na Declaración de Impacto Ambiental do encoro, na Declaración de Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico e na propia concesión-, a empresa explotadora do encoro está obrigada a manter a calidade da
auga no río (precisamente para asegurar tal abastecemento á poboación e demais usos consuntivos do río augas abaixo da presa) e que non pode a Administración deixar de esixir de CORTIZO HIDROELECTRICAS o cumprimento de todo aquel condicionado ambiental.

ASI POIS, SE A XUSTIFICACIÓN DESTA NOVA CAPTACIÓN RESIDE NA PROLIFERACIÓN DE CIANOBACTERIAS NUN  ENCORO CONSTRUÍDO PARA ABASTECEMENTO PÚBLICO,  NON PODE AUGAS DE GALICIA DEIXAR DE ESTUDAR E AVALIAR ESTE CONTINUADO INCUMPRIMENTO DO CONDICIONADO AMBIENTAL

-AUGAS DE GALICIA  sabe moi ben que a orixe desta proliferación estival de cianobacterias nas augas do encoro non se debe máis que a existencia dunha lámina de auga estancada, con moi escasa renovación e nunhas condicións moi favorables de luz e temperatura;  e non pode descoñecer que a apertura da presa para permitir que o río volva a circular libremente elimina de raíz tal contaminación e todos os problemas de abastecemento e calidade da auga potable que dela se derivan.

NON PODE, POIS, AUGAS DE GALICIA DEIXAR DE ESTUDAR E DE AVALIAR, EN TODOS OS SEUS ASPECTOS
AMBIENTAIS E  ECONÓMICOS, ESTA ALTERNATIVA DE  RECUPERAR A CONCESIÓN HIDROELÉCTRICA DO SR. CORTIZO PARA PERMITIR QUE O RÍO VOLVA A CIRCULAR LIBREMENTE.  E, DENDE LOGO, SE A DECLARACIÓN
DE IMPACTO AMBIENTAL NO 1996 RECOÑECÍA QUE A AUGA DO UMIA NO LUGAR DE A PRESA ERA BOA E MOI BOA, NON PODE DECIRSE HOXE QUE ESTA PROLIFERACIÓN DE CIANOBACTERIAS NO ENCORO  SE DEBE AGORA Á CONTAMINACIÓN DA ACTIVIDADE AGRO-GANDEIRA AUGAS ARRIBA DA PRESA, CANDO ESTA ACTIVIDADE DE
NINGUNHA MANEIRA TEN IDO A MÁIS NESTES 15 ANOS

                  Amigas e amigos, cando se teñen gastado máis 1600 millóns de pesetas de fundos públicos na construción dun
encoro para abastecemento público e cando se nos propón gastar 700.000 Euros para unha nova captación sen antes avaliar a súa eficiencia, sen antes estudar se pode ou non haber outras alternativas máis eficientes e de menos custos;
cando se nós propón seguir tirando cartos ao río enchendo o encoro de cortizas de eucalipto sen antes estar seguros da súa eficacia e dos seus impactos, é evidente que estamos continuando con aquel fraude de gastar os fundos públicos sen xustificación algunha xa condenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polo Tribunal Supremo ao anular a Declaración de Utilidade Pública do encoro; o mesmo fraude de seguir mantendo, ano tras ano, e en contra do
condicionado dunha Declaración de Impacto Ambiental de obrigado cumprimento, a prevalencia do negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo por riba da saúde pública dos veciños e veciñas de Caldas e por riba da saúde do río e dos seus ecosistemas fluviais.

                  Nós agardamos que a opinión pública sexa plenamente conscente de que non se poden permitir este tipo de prácticas administrativas no manexo dos fundos públicos e menos cando, coa excusa da crise, se nos argumenta que faltan cartos para servizos públicos tan básicos como o ensino, a sanidade ou a para a Lei de dependencia.

                  E o Sr. Hernández, como  xefe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; o mesmo que no seu día,  -dende o seu cargo en Infraestruturas Hidráulicas-,  asinou as obras do encoro;  o mesmo que hai dous días, no caso de Barreiros, ven de converter a ilegalidade en virtude, debera empezar a saber que a lexislación ten que ser
igual para todos, e cando así non é TEN QUE HABER  DELITO.

                  Agardamos que a presión da opinión pública sexa quen de facer rectificar estas prácticas da administración. Nese
camiño traballaremos todas e todos.

                  E  así mesmo  agardamos que a Administración de Xustiza sexa quen, desta vez,  de manter a súa independencia fronte ao poder político para non deixar pasar por tales prácticas

                  E ACABAMOS.

DE NOVO REITERANDO QUE COMPARTIMOS CON TODOS OS VECIÑOS E CO CONCELLO DE CALDAS A PREOCUPACIÓN POLA GRAVEDADE DOS PROBLEMAS DE CALIDADE DA AUGA POTABLE E DE ABASTECEMENTO QUE TODOS OS VERÁNS TEN QUE SOPORTAR A POBOACIÓN DE CALDAS; DE NOVO REITERAMOS QUE URXENTE UNHA SOLUCION DEFINITIVA.

                  MAIS NON PODE CONSENTIRSE QUE SE NOS PROPOÑA AGORA UNHA NOVA CAPTACIÓN CUN GASTO DE CERCA DE 700.000 EUROS SEN ANTES ESTUDAR E AVALIAR A EFICACIA DESA NOVA CAPTACIÓN E SEN ANTES ESTUDAR E VALIAR SE HAI OU NON HAI OUTRAS ALTERNATIVAS MAIS EFICIENTE E/OU DE MENORES CUSTOS, SEN ANTES ESTUDAR E AVALIAR A APERTURA DUNHA PRESA QUE FOI CONSTRUÍDA CON CARTOS PUBLICOS COA ESCUSA DE ASEGURAR O ABASTECEMENTO DE AUGA A TODA A COMARCA DO SALNÉS.

En Caldas, a 29 de Xullo do 2011

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA)
Coordinadora antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña;
Colectivo Ecoloxista do Salnés;
ONG AEMS-Ríos con Vida
Asociación socio-cultural O FERVEDOIRO;
Asociación socio-cultural GONZÁLEZ ABOI

¿Y tú qué opinas de esto?