Asunto.- Nota de prensa
O Xulgado de Vigo desestima as pretensións do antigo médico do equipo ciclista Xacobeo Galicia, contra a Fundación Ciclismo Galego.
-
A Fundación Ciclismo Galego ven de recibir notificación da sentenza ditada polo Xulgado de primeira instancia núm. 13 de Vigo no seu contencioso contra o antigo médico do equipo ciclista ‘Xacobeo Galicia’, Juan Manuel Rodríguez Bastida.
Na resolución xudicial, recoñécese o incumprimento por parte de Rodríguez Bastida das súas obrigas contractuais coma a preceptiva elaboración de informes trimestrais. Ademais, constátase o grave comportamento do médico nas declaracións públicas por el substanciadas no 2009 e 2010 en relación as insidiosas afirmacións deste sobre supostas prácticas contrarias á loita contra a dopaxe, facendo, sinala a xuíza “(…) manifestacións prexudiciais para a Fundación (…) con expresións equívocas que poden levar á confusión do lector, (…)”, “poñendo en entredito a actitude e rectitude da dirección do equipo ciclista”, para concluír que “trátase claramente de manifestacións desconsideradas e excesivas”, “desprestixiando á dirección da Fundación”.
Considera a sentenza que ditas manifestacións, supoñen un grave incumprimento contractual e son feito determinante para a resolución do contrato.
Desta forma, a sentenza ven a recoñecer, como pretendía a Fundación Ciclismo Galego, que a data de finalización do contrato é o 19 de setembro de 2009.