Enfrentamiento entre el PP y el PSOE en Galicia sobre las ayudas que concede el IGAPE
Os populares ven intereses políticos nas declaracións do PSOE e subliñan que o PP demostra a diario desde as Administracións ser moito máis escrupuloso, serio e responsable coa res pública que o socialistas
O PPdeG aclara que o IGAPE asina convenios con empresas e fundacións como a do Porto de Vigo e pide ao PSOE que non difame sobre a xestión da Xunta con falsedades
• Especifica que o IGAPE e o FPV asinaron un convenio de colaboración para dar pulo ao sector loxístico e ao porto de Vigo durante tres anos e no que o IGAPE se comprometeu a pagar o 50% das actuacións contempladas en dito acordo
• Nese convenio pactábanse os investimentos de 125.000 euros para o ano 2010, de 150.000 para o 2011 e de 175.000 para o 2012, dos cales o IGAPE abona, como máximo, 62.500 euros en 2010, 75.000 no presente ano, e 87.500 en 2012
• Convenios similares a este asínáronse tamén coa Autoridade Portuaria de Coruña para o seu desenvolvemento portuario e comercial e coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2011.- O Partido Popular de Galicia acláralle aos socialistas galegos que o Instituto Galego de Promoción Económica asina convenios de colaboración con empresas e fundacións, entre as que se atopa a Fundación Porto de Vigo (FPV).
Segundo explican os populares galegos, esta Fundación ten entre os seus fins a potenciación do sector loxístico e o desenvolvemento do porto de Vigo como motor da economía local, Trátase, polo tanto, de obxectivos que coinciden coas bases para as que o IGAPE concede axudas e asina convenios.
Deste xeito, o 30 de decembro do pasado ano, o IGAPE e o FPV asinaron un convenio de colaboración para dar pulo ao sector loxístico e ao porto de Vigo durante tres anos, xa que as actividades a desenvolver pola Fundación tiñan unha duración superior ao ano, e nel o IGAPE se comprometeu a pagar o 50% das actuacións contempladas en dito acordo.
Nese convenio pactábanse os investimentos de 125.000 euros para o ano 2010, de 150.000 para o 2011 e de 175.000 para o 2012, dos cales o IGAPE abona, como máximo, 62.500 euros en 2010, 75.000 no presente ano, e 87.500 en 2012.
Os populares galegos fan fincapé en que convenios similares a este asínáronse tamén coa Autoridade Portuaria de Coruña para o desenvolvemento portuario e comercial do Porto Exterior da Coruña e tamén coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol, para facilitar a recuperación industrial e o desenvolvemento económico e social das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Desta maneira, coa Autoridade Portuaria de Coruña, asinouse un convenio para ao ano 2011 cuxas actuacións ascenderán a un montante de 120.000 euros, dos que o IGAPE tan só fará fronte ao 50% (60.000 euros), e coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol convíñase a cantidade para o 2011 de 32.500 euros, dos cales 18.000 foron entregados á firma do convenio e o montante restante abónase segundo se vaian presentando os xustificantes de gastos efectivamente realizados.
O PPdeG pide ao PSOE, polo tanto, que deixe de moverse polo interese político e non difame con falsedades sobre a xestión do diñeiro público dos populares, que demostran a diario desde as Administracións públicas ser moito máis escrupulosos, serios e responsables coa res pública que os socialistas.