Nuevas Generaciones del PP de Galicia elogia que la Xunta dote de protagonismo a los Consejos Locales de la Juventud

Javier Dorado participou esta fin de semana, en Lugo, no congreso local de Novas Xeracións no que foi nomeado novo presidente, Jacobo Da Silva.

Nuevas Generaciones del PP de Galicia elogia que la Xunta dote de protagonismo a los Consejos Locales de la Juventud

Despois de defender en reiteradas ocasións a importancia dos Consellos Locais de Xuventude, o presidente de NNXX agradece á Xunta de Galicia que lles outorgue a importancia merecida.

Santiago de Compostela 28 de Xullo de 2011.- Na mañá do pasado sábado, celebrouse na cidade de Lugo o congreso local de Novas Xeracións onde foi proclamado novo presidente Jacobo Da Silva, que substituirá no cargo a Cristina López Rois, ó fronte da xestora local ata o día de onte.

No acto celebrado na cidade amurallada, estiveron presentes moitos membros do Partido Popular coma o presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, o presidente Local, Jaime Castiñeira, así coma tamén o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.

Non faltou a presencia de importantes membros de Novas Xeracións que se achegaron a cidade de Lugo para arroupar ó seu compañeiro, entre os que estiveron, o Presidente Autonómico e Secretario Nacional, Javier Dorado, o Secretario Autonómico, Juan Francisco López Prieto, ou tamén o Presidente Provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega.

Na súa intervención, Javier Dorado recordou ós 112 membr@s de Novas Xeracións de Galicia, que dende as pasadas eleccións locais asumen a responsabilidade de exercer coma concelleir@s nas súas localidades, mozos e mozas que deben entender a política como unha mestura entre “paixón e racionalidade”.

Dorado tamén quixo eloxiar que a Xunta de Galicia ofreza ós Consellos Locais de Xuventude a importancia que merecen e que, agora si, teñen a oportunidade real de postularse coma verdadeiros voceiros da mocidade galega.

Javier Dorado sempre foi un gran impulsor destes entes locais, que entende coma “os máis achegados á xuventude, a través dos cales, os rapaces e rapazas galeg@s atópanse representados”, e seguirá a procurar que sigan sendo entendidos coma entes primordiais para ós intereses dos máis nov@s, importancia que agora, a Xunta de Galicia lles outorga.
Declara tamén a súa ledicia porque os Consellos Locais de Xuventude atópense dunha vez por todas afastados dos intereses políticos e partidarios para que, deste xeito, representen á mocidade dun modo despolitizado.

Debido ós recentes acontecementos e movementos sociais acontecidos no noso país, Novas Xeracións de Galicia quere tamén expresar o seu entendimento coa indignación de moit@s moz@s ca actual situación que nos toca vivir. Dende a organización xuvenil popular estarémos moi atentos a súas propostas e revindicacións. E aquelas reivindicacións que entendamos coma realmente necesarias para a xuventude, serán tidas en conta no noso traballo diario.

Un comentario sobre “Nuevas Generaciones del PP de Galicia elogia que la Xunta dote de protagonismo a los Consejos Locales de la Juventud

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s