Muy distintos primos hermanos: los gallegos son los últimos en apuntarse a las nuevas tecnologías mientras que los asturianos se hallan a la cabeza del uso de Internet en España

La penetración de Internet en Galicia es la más baja de España después de Murcia, según el informe anual Internet en España y en el mundo, elaborado por la consultora Tatum con datos del 2010.

Galicia, según este informe, es penúltima en el ránking con un índice de penetración del 44,3%, muy alejado de la media (52,7%) y a años luz de las comunidades líderes: La Rioja (60,9%) y Madrid (60,3%).

Pero la cosa aún es peor. Murcia, que es la autonomía con menor penetración de todas, un 43,9%, al menos crece a un ritmo del 12% anual, mientras que Galicia lo hace a un 5,5%. por lo que es probable que sea la última en el informe del año próximo.

Por ese motivo, el estudio recomienda en sus conclusiones que, “si se quiere evitar la brecha digital, hay que mejorar la penetración, especialmente en las dos Castillas y en Galicia, ya que tienen unos incrementos anuales muy bajos”. Mientras Galicia se va quedando, comunidades como La Rioja y Asturias crecen a un ritmo anual superior al 18%, y Extremadura, al 28%.

Asturias, en cambio, supera la media nacional en número de hogares y empresas que disponen de conexión a internet, según los datos del Instituto Nacional de Estadística (INE). El 60,4 por ciento de las viviendas asturianas disponen ya de esta conexión, y su número se ha incrementado en un 18 por ciento desde 2007.

De esta manera, la región asturiana superaría la media española de hogares con conexión a la red por segundo año consecutivo.

El Principado también está por encima de la media del país en cuanto al porcentaje de usuarios que se conectan a internet a través de banda ancha, que alcanza el 58 por ciento de los hogares frente a los 57,4 puntos de media en España. Además, el 62,7 por ciento de los asturianos utilizan internet, un 9 por ciento más que en el año 2007 y el 18 por ciento realizan compras on- line.

En cuanto a las empresas, el 97,9 por ciento poseen algún tipo de conexión a internet, respecto al 97,2 de la media nacional. Y de ellas el 99,3 por ciento de las mismas se conectan a través de banda ancha, de nuevo por encima de la media de España.

En toda España ya hay 29 millones de usuarios de Internet. Y en todo el planeta, 2.000 millones de personas, lo que supone prácticamente una tercera parte de la población mundial. Norteamérica tiene un índice de penetración del 77%, y Europa, del 58%, si bien países como Islandia, Noruega o Suecia pasan del 90%.

 

Suben las redes sociales

El estudio demuestra el crecimiento de las redes sociales, que se consolidan en España. El 85% de los internautas pertenecen a alguna. Las más visitadas son Facebook (78%), Tuenti (35%) y Twitter (14%), aunque esta última es la que tiene mejores perspectivas de crecimiento para los próximos años.

El prototipo del usuario de Internet en España es un varón de entre 25 y 34 años, de clase media y que se conecta a diario desde su casa para utilizar sobre todo el correo electrónico, y en menor medida, páginas de noticias, mensajería, redes sociales, música y vídeos por Internet.

———————————————————–

EL GOBIERNO GALLEGO PONE AL MAL TIEMPO, BUENA CARA

La Xunta de Galicia sin embargo ha intentado dar una visión más positiva de la situación, y ha emitido el siguiente comunicado. Mismos datos, pero según los dirigentes autonómicos el que Galicia se halle a la cola de España en uso de Internet tiene algún motivo de alegría. Veamos cómo lo hacen:

NOTA DE PRENSA

Os últimos datos sobre o Estado da Sociedade da Información en Galicia constatan unha evolución positiva na penetración das novas tecnoloxías entre os galegos aínda que a Comunidade segue a rexistrar valores inferiores en varios indicadores

Os últimos datos do INE confirman que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incremento de acceso a internet contratado en 2010

  • A conexión a Internet está presente no 48,9% dos fogares galegos, experimentando un incremento do 15,6% con respecto a 2009 fronte a un crecemento estatal do 9,4%
  • Máis da metade da poboación galega (53,6%) empregou Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 7,6% con respecto ao ano anterior
  • Os internautas de Galicia superan aos do conxunto do Estado nos usos avanzados da Rede (descarga de software, lectura de xornais en liña…
  • A banca electrónica experimentou un crecemento interanual do 15% en Galicia
 

Santiago, 17 de maio de 2011.- A Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos fogares 2010 do Instituto Nacional de Estatística (INE) indica que a conexión a Internet está presente no 48,9% dos fogares galegos, experimentando un incremento do 15,6% con respecto a 2009 mentres que o crecemento deste indicador para o conxunto do Estado foi dun 9,4%. Estes datos sitúan a Galicia como a segunda Comunidade Autónoma con maior crecemento en acceso a Internet contratado no ano 2010, só por detrás de Castela A Mancha.

Sociedade da Información en Galicia
Os últimos datos sobre o Estado da Sociedade da Información en Galicia constatan unha evolución positiva na penetración das novas tecnoloxías entre os galegos aínda que a Comunidade segue a rexistrar valores inferiores en varios indicadores. No caso de acceso e uso de ordenador, internet e banda larga a posición de Galicia é inferior ao conxunto do Estado aínda que crece en todos os casos

Máis da metade da poboación galega (53,6%) empregou Internet nos tres últimos meses, un incremento do 7,6% con respecto ao ano anterior. A media estatal (64,2%) experimentou un crecemento lixeiramente inferior á media galega (7,4%).

O uso das tecnoloxías da información no tramo de idade de 16 a 24 anos é, en xeral, moi alta, superando o 90% no uso de Internet nos últimos tres meses. As diferenzas acentúanse considerablemente no tramo de idade comprendido entre os 45 e os 54 anos.

A utilización dos servizos de comunicación avanzada por Internet, por parte dos internautas de Galicia presentan niveis moi similares aos dos internautas do resto do Estado, superando a media en varios indicadores. Aínda que o correo electrónico (81,9%) e a procura de información sobre bens e servizos (86,2%) seguen a ser as aplicacións máis populares nos fogares galegos, nos últimos anos están a consolidarse outros moitos servizos: lectura e descarga de xornais ou revistas en liña (70,4%, 8,4 puntos por riba da media estatal), viaxes e aloxamento (61,6%) ou descarga de software (36,2%).

Os temas relacionados coa educación e a saúde encabezan as procuras de información na Rede. Un 55,6% dos internautas galegos procura información sobre educación ou formación a través de Internet, e un 57,1% realiza procuras relacionadas coa saúde superando á media estatal en 4,6 puntos porcentuais. A banca electrónica é empregada por un 38,4% dos internautas galegos. No último ano, a banca electrónica experimentou un crecemento do 15% na Comunidade.

Galicia sitúase tamén como a terceira comunidade autónoma con maior uso da Administración electrónica para obter información das páxinas web e a quinta comunidade en descarga e cumprimentación de formularios oficiais.

Pese á evolución positiva que está a experimentar a penetración das novas tecnoloxías entre os galegos e galegas, a Sociedade da Información en Galicia segue condicionada polos factores xeográficos e socioeconómicos. O hábitat poboacional é en xeral un dos factores que determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia. Nos núcleos urbanos acádase a converxencia co noso contorno mentres que se manteñen as diferencias no rural. Así, concretamente para a conexión a Internet, a porcentaxe de galegos con conexión á Rede nos núcleos de poboación de 50.000 a 100.000 habitantes é do 65,7%, 4,1 puntos máis que o conxunto do Estado. Nos núcleos de menos de 10.000 habitantes este indicador sitúase no 33,8% en Galicia fronte aos 47,3% do Estado, medrando un 18,6% respecto ao ano 2009.

Conexión a Internet a través de banda larga
Cabe destacar a importante evolución experimentada pola tecnoloxía de banda larga nos fogares galegos: un 46,5% do conxunto da poboación conéctase a Internet mediante banda larga (un 21,4% máis ca no ano 2009) mentres que no conxunto do Estado o incremento foi apenas dun 11,9%.

As principais formas de conexión a Internet a través de banda larga en Galicia son o ADSL (55,6% dos fogares con conexión a Internet) e o cable (31,9% dos fogares con conexión a Internet). No caso da modalidade de cable, Galicia conta cunha vantaxe de 14,5 puntos porcentuais con respecto á media estatal. Entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia un 22,9% accede mediante conexión móbil de banda larga, 11,2 puntos máis que a media estatal.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s