Recibimiento oficial en Ferrol a la llegada del crucero ‘Independence of the Seas’

A secretaria xeral para o Turismo recibe en Ferrol ao cruceiro ‘Independence of the Seas’
Mª Carmen Pardo destacou o impacto positivo que traerá consigo a primeira escala deste buque, da compañía Royal Caribbean International, no consumo turístico da cidade departamental. O buque ‘Discovery’ tamén chegou hoxe ao porto ferrolán.

Ferrol, 25 de abril de 2011.- A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, recibiu hoxe no Porto de Ferrol ao buque Independence of the Seas, da compañía Royal Caribbean International, que realizou a súa primeira parada no peirao do porto ferrolá. Ademais hoxe tamén chegou ao Porto de Ferrol o buque Discovery.

A secretaria xeral subliñou que a chegada de Independence of the Seas, con capacidade para uns 4.500 pasaxeiros e ao redor de 1.800 tripulantes, traerá á cidade departamental “un impacto moi positivo no consumo turístico xeral”. No pasado ano 2010 houbo tres cruceiros que fixeron escala na cidade de Ferrol, e para este ano agárdase que se amplíe a cifra a outros dous máis, é dicir, un total de catro.

Perfil dos cruceiristas
A procedencia dos turistas de cruceiros é variada, aínda que predominan os de nacionalidade británica, cunha idade media relativamente elevada e un alto nivel adquisitivo. A súa valoración do destino Ferrol é sempre moi positiva.

Durante a súa estadía no destino, os cruceiristas dedican o seu tempo a visitar a cidade de Ferrol – a través de rutas organizadas polos turoperadores- ou a realizar algunha excursión organizada a diferentes puntos da contorna da cidade (Arsenal, baterías defensivas, Exponav, Museo Cabo Prioriño, paseos polas ría, etc. ) e outros próximos (San Andrés de Teixido, Fragas do Eume, Camiño Inglés, etc.).

O Porto de Ferrol é o maior porto de actividade comercial dos que xestiona a Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao. Grazas á súa estratéxica posición xeográfica, ao abrigo que lle ofrece a ría, acolle un tráfico continuo de buques mercantes, pesqueiros, militares e embarcacións de recreo.

Xornada récord
Ademais, no día de hoxe, atracaron en Galicia outros barcos de forma simultánea. Ao Porto da Coruña chegaron hoxe un total de tres buques: Boudicca, Ventura e Balmoral. No Porto de Vigo, o máis grande de Galicia, atracarán mañá un total de catro barcos. Ryndam, Boudicca, MSC Orchestra e Celebrity Eclipse.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s