Adega denuncia la tala de especies autóctonas en la fraga de Cecebre

Nota de prensa de ADEGA – NO ANO DAS FLORESTAS, A FRAGA DE CECEBRE BAIXO A MOTOSERRA

A Coruña, 14 de abril de 2011. ADEGA vén de denunciar a tala de especies autótonas (carballos e castiñeiros) na fraga de Cecebre (Cambre), tala que contou co beneplácito da Xunta. Ao permitila, a administración está a facerlle un fraco favor ao noso bosque autóctono, precisamente no Ano Internacional das Florestas. Os feitos parécennos especialmente graves, ao ser este espazo unha das fragas máis coñecidas do País: “A Fraga de Cecebre”, ou “O Bosque Animado”, serviu de inspiración ao literato Wenceslao Fernández Flórez para o libro do mesmo titulo. Neste 14 de abril, actuacións coma esta, e declaracións coma as do conselleiro responsábel dos bosques, o Sr. Juárez, de que as queimas controladas son «convintes para os ecosistemas»poñen a xestión das nosas florestas ao nivel dunha república bananera.

 Resultan contradictorias estas actuacións de talas indiscriminadas na zona na que nos estamos a referir, máxime cando dende o GDR As Mariñas–Betanzos (entidade da que forma parte o Concello de Cambre) estese a impulsar, financiado con cartos europeos, a creación dunha Reserva da Biosfera na contorna do Encoro de Cecebre, e a Fraga de Cecebre sería unha das súas “xoias”.
 
É inadmisible que unha administración responsábel da superviviencia e xestión da biodiversidade permita a destrución e desaparición dunha importante masa de arbolado, con todo o que isto conleva de desequilibrio ecolóxico na zona, poñendo por riba do interese colectivo o interese particular, e sendo Galiza unha das zonas de Europa con menos territorio protexido pola Rede Natura.
Temén queremos por de manifesto a pouca sensibilidade de moitos dos concellos galegos, por non teren actuado xa na protección dos seus espazos de interese medioambiental con figuras xurídicas como os ENIL, que impedirían actuacións como a aquí denunciada.
 

2 comentarios sobre “Adega denuncia la tala de especies autóctonas en la fraga de Cecebre

  1. En la comunidad de montes de valladares vigo tambien estan talando carballos con la eccusa de reforestar nos quieren exterminar un simbolo forestal gallego

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?