Beatriz Jurado presenta su candidatura para presidir las Nuevas Generaciones del PP a nivel nacional

Resaltou a labor levada a cabo polos mozos de Novas Xeracións de Galicia, ós cales presentou como un exemplo de traballo e constancia

Beatriz Jurado presenta a súa candidatura á presidencia de NNGG nacional ante a Xunta Directiva de NNXX de Galicia

• Inician unha rolda de contactos cos afiliados de tódalas comunidades de cara a conseguir apoios para o congreso que se celebrará os próximos 15 e 16 de abril en Zaragoza
• Destacou tamén o traballo do Partido Popular na comunidade galega en relación cos máis novos, facendo referencia a iniciativas coma o Plan Xuventude 2013, que destina 900 millóns de euros á xuventude
Santiago, 24 de febreiro de 2011.- Esta tarde tivo lugar a celebración dunha nova Xunta Directiva de Novas Xeracións que contou coa presenza da candidata á presidencia nacional desta organización política xuvenil, Beatriz Jurado.
A actual presidenta de NNGG de Andalucía compareceu ante a Xunta, xunto co presidente de NNXX de Galicia e candidato á secretaría xeral nacional, Javier Dorado, para presentar a súa candidatura a relevar a Nacho Uriarte, iniciando así unha rolda de contactos cos afiliados de tódalas comunidades autónomas de cara a conseguir apoios para o congreso que vaise celebrar os próximos días 15 e 16 de abril en Zaragoza.
Beatriz Jurado resaltou a labor levada a cabo polos mozos de Novas Xeracións de Galicia, ós cales presentou como un exemplo de traballo e constancia, e como unha mostra de como facer chegar a ilusión os xóvenes, tal e como demostraron na convención popular celebrada os pasados 12 e 13 de febreiro en Compostela baixo o lema ‘Vente’, á que asistiron ó redor de 500 xóvenes.

Un comentario sobre “Beatriz Jurado presenta su candidatura para presidir las Nuevas Generaciones del PP a nivel nacional

¿Y tú qué opinas de esto?